Internationale Bachakademie Stuttgart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Internationale Bachakademie Stuttgart é unha fundación con sede en Stuttgart, creada en 1981 por Helmuth Rilling para fomentar concertos internacionais e obradoiros, entre eles o Musikfest Stuttgart, adicado especialmente á música de Johann Sebastian Bach en relación coa composición dos nosos días. Hans-Christoph Rademann foi designado director da fundación o 1 de xuño de 2013.[1]

Musikfest Stuttgart[editar | editar a fonte]

A fundación ten organizado numerosas series de concertos entre as que se inclúe o "Musikfest Stuttgart" (ata 2008 "Europäisches Musikfest Stuttgart"), celebrado con carácter anual.

Ensembles[editar | editar a fonte]

Ten apoiado aos ensembles Gächinger Kantorei, Bach-Collegium Stuttgart e o anual Festivalensemble Stuttgart,[2] e levou a cabo clases maxistrais e recitais con carácter didáctico.

International collaboration[editar | editar a fonte]

A Bachakademie Stuttgart ten colaborado co Oregon Bach Festival e outras Academias Bach en Caracas, Buenos Aires, Toquio, Osaca, Sendai, Budapest, Cluj-Napoca, Cracovia, Krasnoyarsk, Moscova, Praga, Riga, Talín, Atenas, e tamén coa Israel Philharmonic Orchestra.

En 1994 a Internationale Bachakademie Stuttgart recibiu o "UNESCO Music Prize" do International Music Council.[3]

Encargos[editar | editar a fonte]

Encargou composicións coma o Requiem of Reconciliation en 1995, en 2000 obras para o proxecto "Passion 2000" de Sofia Gubaidulina (Johannes-Passion), Tan Dun (Water Passion After St. Matthew), Osvaldo Golijov (La Pasión según San Marcos), e Wolfgang Rihm, ou en 2009 Messiah de Sven-David Sandström,[4] estreada no Oregon Bach Festival e tamén interpretada no Rheingau Musik Festival e no Berliner Philharmonie.[5]

Gravacións[editar | editar a fonte]

No ano 2000 publicou unha "Edition Bachakademie“ con todas as obras de Bach en 172 CDs co selo Hänssler Classic de Hänssler Verlag, posteriormente en 2010 para o 75º aniversario de Rilling como un iPod Bach.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freie Presse, ed. (16 de xaneiro de 2012). "Rademann übernimmt 2013 die Leitung der Stuttgarter Bachakademie: Gründer des Dresdner Kammerchors will laufende Verträge noch erfüllen" (en dinamarqués). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  2. festivalensemble.org (ed.). "Festivalensemble Stuttgart". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  3. laureates 1975 - 2004 of the International Music Council
  4. Carus-Verlag (ed.). "Sven-David Sandström: Messiah" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  5. "Festivalensemble: Messiah (Händel & Sandström)". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]