Oxfam Intermón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Intermón Oxfam»)
Oxfam Intermón
Tipoorganización
Data de fundación1956 e 1942
PremiosCreu de Sant Jordi
SedeBarcelona
PaísEspaña
Na rede
https://oxfamintermon.org/
editar datos en Wikidata ]

Oxfam Intermón[1] é a ONG española da confederación Oxfam Internacional. Naceu o 11 de agosto de 1956 como Secretariado de Misións e Propaganda da Compañía de Xesús, destinado a axudar nas misións a Bolivia, Paraguai e a India. Con carácter relixioso e asistencialista en principio, durante os anos sesenta dirixiuse mais por apoiar económica e socialmente. Oxfam Intermón foi galardoada como a mellor ONG en axuda humanitaria no ano 2001.

Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sostibilidade e a participación.

Desde 1997 a ONG forma parte da confederación Oxfam Internacional, polo que agora se denomina Oxfam Intermón. Coopera en máis de 500 programas de desenvolvemento en 48 países de África, América e Asia, actúa en emerxencias, fomenta o comercio xusto como ferramenta para promover o desenvolvemento e realiza campañas de sensibilización e mobilización social e incidencia política e institucional tanto no Sur como no Norte.

Actuación[editar | editar a fonte]

Mobilización de Oxfam Intermón a favor do 0,7%.

A ONG Oxfam Intermón traballa en 48 países de todo o mundo, actuando de forma integral: coopera en programas de desenvolvemento, actúa en situacións de emerxencia, fomenta o comercio xusto e promove campañas de sensibilización e mobilización social. Sempre o fai co obxectivo de xerar cambios duradeiros para que miles de persoas poidan valerse por si mesmas.

Proxectos de desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Os proxectos de desenvolvemento convértense nunha actividade fundamental da ONG para proporcionar ás persoas máis pobres as ferramentas necesarias para que poidan tomar as rendas das súas vidas con autonomía e dignidade.

Acción humanitaria[editar | editar a fonte]

Asistencia ás poboacións máis vulnerables afectadas por situacións de emerxencia como conflitos armados ou catástrofes. Algunhas das emerxencias máis recentes foron: Furacán Noel en República Dominicana, en novembro de 2007; Furacán Félix en Nicaragua, en agosto de 2007; Terremoto no Perú, en agosto del 2007; Inundacións en Mozambique, en febreiro de 2007; Emerxencia en Líbano, en agosto de 2006, Furacán Stan en Guatemala, outubro de 2005; Tsunami en decembro de 2004; inundacións en Burkina Faso en 2009.

Comercio xusto[editar | editar a fonte]

Para Oxfam Intermón o comercio xusto é unha forma máis de cooperación: apóiase a produción de comunidades labregas e grupos artesáns facilitándolles o acceso aos mercados. Promoven condicións laborais dignas, igualdade entre homes e mulleres, un salario xusto e o respecto polo medio ambiente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]