Intel Core i7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un Core i7-940, que emprega un zócolo (socket) LGA de 1.366 contactos.

Intel Core i7 é unha familia de procesadores de catro núcleos con arquitectura x86-64 fabricada por Intel. Os seus primeiros modelos foron lanzados o mercado en 2008. É a evolución da familia de procesadores Intel Core 2.

Características[editar | editar a fonte]

  • Emprega QuickPath Interconnect (QPI) para conectarse con chipset da placa nai. Isto supón a desaparición do tradicional Front-Side Bus (FSB) e a adopción dunha solución punto a punto similar o Hypertransport de AMD.
  • Emprega memoria DIMM DDR3 soportando triple-channel
  • Soporta Hyper-threading, os seus catro núcleos preséntanse como oito procesadores o sistema operativo.
  • Tecnoloxía de fabricación de 45 nm.
  • Modo Turbo: O propio procesador é capaz de aumentar a súa frecuencia se a carga de traballo o require.

Versións[editar | editar a fonte]

  • Bloomfield
  • Lynnfield
  • Clarksfield (Versión para portátiles)
  • Arrandale (Versión para portátiles)