Intasat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intasat
TipoCientífico
OrganizaciónINTA
Data de lanzamento15 de novembro de 1974, 17:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 2310[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera.[2][6]
NSSDC ID1974-089C
Masa20,4 kg[5]
DimensiónsPrisma de 12 caras, cunha distancia de 44,2 cm entre vértices opostos e 41 cm de alto.[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7828 km[1]
Inclinación101,4 graos[1]
Apoapse1465,8 km[1]
Periapse1448,3 km[1]

Intasat foi o primeiro satélite artificial español. Foi lanzado o 15 de novembro de 1974 mediante un foguete Delta 2310 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Intasat orientábase magneticamente e estabilizábase mediante xiro; a súa misión principal foi realizar estudos da ionosfera. Foi lanzado xunto con varios outros satélites. Tiña forma de prisma de 12 caras, cunha distancia de 44,2 cm entre vértices opostos e 41 cm de alto. As antenas despregadas radialmente a partir do corpo do satélite medían uns 175 cm contando desde o centro. Contaba ademais con catro antenas de 49 cm de longo para telemetría que se despregaban diagonalmente desde un dos extremos do satélite. O sistema eléctrico funcionaba a 16 voltios e era alimentado por células solares e un conxunto de doce baterías de níquel-cadmio.[1][2][5][6]

Intasat foi inxectado nunha órbita heliosincrónica. Uns 40 postos de observación terrestre seguiron o satélite para facer estudos ionosféricos. O satélite foi apagado automaticamente tras dous anos de funcionamento por un temporizador programado.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INTASAT" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de marzo de 2013). "INTASAT" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 29 de abril de 2013. 
  3. "Note verbale dated 7 December 1995 from the Permanent Representative of Spain to the United Nations Office at Vienna addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-60363). 14 de decembro de 1995: 1. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Intasat 1" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Intasat" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Intasat" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2013.