Inspektor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inspektor
TipoTecnolóxico
OrganizaciónDaimler-Benz Aerospace
Data de lanzamento5 de outubro de 1997, 15:08GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Obxectivo da misiónServizo e loxística para a estación espacial Mir.[2][6]
Decaemento1 de novembro de 1998[1]
NSSDC ID1997-058D
Masa72 kg[5]

Inspektor ou Inspector foi un satélite artificial alemán construído por Daimler-Benz Aerospace e lanzado o 5 de outubro de 1997 a bordo da Progress M36 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Inspektor foi un pequeno prototipo de satélite para inspeccionar e dar servizo á estación espacial Mir e posteriormente a outras estacións espaciais. Inspektor voou a bordo da nave loxística Progress M36 e soltado por esta tras ter cumprido a súa misión e desacoplarse da estación. A súa misión principal consistía en voar arredor da Mir (ata a 100 metros de distancia) e fotografala, pero debido a problemas de control e orientación do satélite foi afastado da mesma. Reentrou na atmosfera o 1 de novembro de 1998.[1][2][5][6][7][8]

Inspektor tiña forma de prisma hexagonal usaba dous propulsores de 40 mN de pulo para moverse e tres xiroscopios para controlar a súa actitude. Levaba unha cámara estelar e unha cámara de vídeo, ademais de tres xiroscopios ópticos, para determinar a súa actitude e posición. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares na súa superficie que alimentaban varias baterías.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INSPEKTOR" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Inspektor" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  3. "Note verbale dated 23 June 1998 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54616). 30 de xuño de 1998: 3. ST/SG/SER.E/340. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Inspector" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Inspector 1 (X-Mir-Inspector)" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Inspector" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013. 
  7. "Space robot camera fails after its launch from Mir". The Daily Gazette: D6. 18 de decembro de 1997. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  8. "Germans despatch inspector to examine Mir components" (PDF). 22 de outubro de 1997: 33. FLIGHT International. Consultado o 28 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]