Inocencio V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XII ó século XIII
Papas do século XIII
Papa do século XIII ó século XIV
Antipapa/s
  • Ningún


Pierre de Tarentaise (circa 1225, Champagny, Savoia22 de xuño de 1276, Roma), foi nomeado papa o 21 de xaneiro de 1276, co nome de Inocencio V.

Orixinario dunha pequena aldea de Tarentaise (aínda que para xentes do Val de Aosta, procedía do lugar de Ecours, na comuna de La Salle), ingresou na orde dominica á idade de 16 anos. Estudou Teoloxía na Sorbonne, onde sería moi pronto profesor. A súa fama foi tal que sería coñecido como o «doctor famosissimus» («o máis célebre dos doutores»).

Logo de ocupar o cargo de provincial, foi designado, en 1272, arcebispo de Lyon e, posteriormente, primado da Galia. En 1273, foi promovido ao rango de cardeal-bispo de Ostia, cerca de Roma. Xogou un grande papel no IIº concilio de Lyon, pronunciando o sermón fúnebre por San Boaventura.

O 21 de xaneiro de 1276, despois da morte de Gregorio X, foi elixido papa, tomando o nome de Inocencio V. Morreu cinco anos máis tarde. Deixou varios tratados de Teoloxía e de Dereito canónico, sendo de salientar o Comentario ás Sentencias de Pedro Lombardo (1652), e mais catro tratados filosóficos: De unitate formæ, De materia cæli, De æternitate mundi, De intellectu et voluntate. Foi beatificado polo papa León XIII no ano 1898.

Identifícase co «Concionator Gallus» da profecía de San Malaquías.