Inkscape

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inkscape
Exemplo dun gráfico creado con Inkscape.
Desenvolvedor(es)Equipo Inkscape
Última versión0.92.3 [1]
(11 de marzo de 2018)
Repositoriogitlab.com/inkscape/inkscape
Sistema operativoMultiplataforma
Lingua/sVarias
Galego: OK
TipoEdición de gráficos vectoriais
LicenzaGPL
Sitio webwww.inkscape.org

Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi.

As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos etc.

A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.

Inkscape atópase desenvolto principalmente para Linux, pero é unha ferramenta multiplataforma que funciona en Microsoft Windows, Mac OS X, e outros sistemas operativos similares a Unix.

Inkscape ten un bo soporte multilingüe particularmente para scripts complexos e atópase distribuído baixo a Licenza Pública Xeral GNU, polo que é software libre e gratuíto.

Descrición[editar | editar a fonte]

Inkscape ten un contorno de traballo similar a outros programas de deseño gráfico. Menús de texto e iconas, paletas de ferramentas e cores, traballo con formas complexas e capacidade de adaptar o programa ao tipo de deseño que se estea a facer. Ten moitas ferramentas similares a Adobe Illustrator, mesa de traballo, capas, paletas de cores, uso de medidas en mm e pixels, posibilidade de empregar modelos e converter deseños existentes en diversos formatos, etc. A máis inclúe as posibilidades dun editor XML de xeito que pode verse o código que xera o programa ao ser tratados os trazos e modificar o código xerado no editor de texto. O programa permite abrir e exportar os ficheiros en máis de vinte formatos, incluído o nativo de Adobe Illustrator.

Formatos de ficheiros[editar | editar a fonte]

  • Importación: SVG, SVGZ, CGM, EMF, DXF, EPS, PostScript, PDF, AI (9.0 e superiores), CorelDRAW, Dia, Sketch, PNG, TIFF, JPEG, XPM, GIF, BMP, WMF, WPG, GGR, ANI, ICO, CUR, PCX, PNM, RAS[en], TGA, WBMP, XBM, XPM.
  • Exportación: PNG, SVG, EPS, PostScript, PDF 1.4 (e superior), Dia, AI, Sketch, POV-Ray, LaTeX, OpenDocument Draw, GPL, EMF, POV, DXF.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]