Indra Sistemas
Sede de Indra. |
|
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1993 |
| Localización | Avenida de Bruselas, 35, Alcobendas, |
| Persoas clave | Javier Monzón (presidente) |
| Industria | Telecomunicacións |
| Produtos | Electrónica Telecomunicacións |
| Beneficio | 3.000 millóns de euros (en 2011) |
| Número de empregados | 42.000 |
| Páxina web | indracompany.com |
Indra Sistemas é unha multinacional española con sede en Madrid adicada a tecnoloxías do transporte e tránsito, enerxía e Industria, administración pública e sanidade, servizos financeiros, seguridade e armamento, telecomunicacións e multimedia. Indra opera en máis de 118 países e ten 42.000 traballadores en todo o mundo.
Índice |
Historia [editar]
As orixes de Indra Sistemas están na fusión en 1992 da compañía privada Ceselsa e o grupo público Inisel do INI. Nas súas orixes a empresa traballaba principalmente para a administración e dende os anos 1990 é un dos principais socios tecnolóxicos do exército español. O goberno español participa en proxectos europeos e internacionais con Indra como socio tecnolóxico e estratéxico. Indra subministra e mantén sistemanas militares para o exército español, radares e sistemas de control de tráfico para a Dirección Xeral de Tráfico, sistemas para expedir documentos para a Policía Nacional ou radares para control de tráfico aéreos e xestión.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web de Indra (en varias linguas)