Indian Broadcasting Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Indian Broadcasting Company (IBC) foi unha cadea privada de radio establecida na India Británica en 1926 e que operaba dúas estacións de radio, unha en Bombai, aberta en xullo de 1927, e outra en Calcuta, aberta en agosto.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Establecida por un grupo de financeiros indios coa axuda financeira da compañía de Marconi e cun capital de millón e medio[1] de rupias, comezou a emitir en 1927. Financiabase polas cotas das licenzas de radio e sobre os equipos imporatados de radio, pero o feito que o tivese que recadar a mesma compañía e a falta de interese das autoridades gobernamentais[2] pola radio, levou á súa desaparación o 28 de febreiro de 1930[3], así e todo tan só chegou a ter 7.000 radiontes[4]. Logo da presión dos escoitas e a opinión pública[5] o goberno tomou o contral das emisoras e formou o Indian Broadcasting Service, embrión da futura All India Radio O primeiro programa en saír ás ondas foi India Radio Times que se emitiu a partir do 15 de xullo de 1927

Notas[editar | editar a fonte]