Independientes por Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Independientes por Ferrol (IF) é un partido político de Ferrol, fundado en 1995 por Juan José Fernández García, que viña de ser conselleiro de Industria.

Nas eleccións municipais de 1995 obtivo 5 concelleiros e o alcalde (Juan Blanco), que pasaron a ser tres nas eleccións de 1999, e acadou o seu teito electoral en 2003, con seis concelleiros (22,52% dos votos).

Foi entón cando, tras unha primeira experiencia infrutuosa (lexislatura 1995-1999), converteuse en chave para poder gobernar, aliándose co PPdG, a forza máis votada. O popular Juan Juncal foi elixido alcalde e Fernández ocupou o cargo de primeiro tenente de alcaldía e concelleiro de Promoción Industrial e Turismo.

Nos comicios de 2007 obtivo tres escanos (12,75%). Acompáñanlle no grupo municipal os edís Francisco Pita-Romero e Leopoldo Ibáñez.