In the Court of the Crimson King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
In the Court of the Crimson King
Álbum de King Crimson
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: xullo - agosto de 1969
Estudio(s) de gravación: Wessex Sound Studios, Londres
Duración: {{{duración}}}
Xénero: rock progresivo
Selo(s): E.G./Island (RU)
Atlantic (EEUU)
Producido por: King Crimson
Cronoloxía
- In the Court of the Crimson King In the Wake of Poseidon

In the Court of the Crimson King é o álbum de estrea da banda de rock progresivo británica King Crimson, editado o 10 de outubro de 1969. O disco acadou o número 5 nas lista británicas[1], e foi certificado ouro nos Estados Unidos.

O álbum é considerado como un dos mellores do xénero do rock progresivo, onde King Crimson se desfai das bases de blues do rock e mestura jazz e elementos sinfónicos clásicos. No seu libro de 1997 Rocking the Classics, o crítico e musicólogo Edward Macan destacou que In the Court of the Crimson King "pode ser o álbum de rock progresivo máis influente xamais editado". Pete Townshend de The Who falou do disco como "unha obra mestra extraordinaria". Na edición especial das revistas Q e Mojo Pink Floyd & The Story of Prog Rock, o álbum foi situado no número 4 da súa lista "40 Cosmic Rock Albums". O traballo foi incluído na lista da revista Classic Rock "50 Albums That Built Prog Rock".

O álbum foi remasterizado e reeditado en vinilo e CD varias veces durante os 80 e os 90. Todas esas versións estaban baseadas en copias de varias xeracións das cintas orixinais. A primeira xeración da orixinal pensábase desaparecida, pero foi localizada nun almacén no ano 2003. Isto permitiu a realización de versións melloradas en CD.

Novamente, en novembro do 2010 o álbum foi re-editado tanto en vinilo como en CD con aprovación de Robert Fripp. A remasterización foi realizada por Steven Wilson, da banda Porcupine Tree.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Álbum orixinal[editar | editar a fonte]

Cara 1[editar | editar a fonte]

  1. "21st Century Schizoid Man" (Fripp, McDonald, Lake, Giles, Sinfield) – 7:21
    inclúe "Mirrors"
  2. "I Talk to the Wind" (McDonald, Sinfield) – 6:05
  3. "Epitaph" (Fripp, McDonald, Lake, Giles, Sinfield) – 8:47
    inclúe "March for No Reason" e "Tomorrow and Tomorrow"

Cara 2[editar | editar a fonte]

  1. "Moonchild" (Fripp, McDonald, Lake, Giles, Sinfield) – 12:13
    1. "The Dream"
    2. "The Illusion"
  2. "The Court of the Crimson King" (McDonald, Sinfield) – 9:25
    inclúe "The Return of the Fire Witch" e "The Dance of the Puppets"

Re-edición do 40 aniversario[editar | editar a fonte]

Esta edición ven en 3 formatos distintos:

  • A versión en 2 CDs, formado polo CD1 e CD2.
  • A versión CD/DVD, formado polo CD1 e o DVD.
  • A versión de 5 CDs e DVD, formado por todos os CDs e o DVD.

CD1[editar | editar a fonte]

  1. "21st Century Schizoid Man" – 7:24
  2. "I Talk to the Wind" – 6:00
  3. "Epitaph" – 8:52
  4. "Moonchild" – 9:02
  5. "The Court of the Crimson King" – 9:31
  6. "Moonchild" – 12:15 (full version)
  7. "I Talk to the Wind" – 4:55 (duo version)
  8. "I Talk to the Wind" – 6:36 (alternative mix)
  9. "Epitaph" – 9:05 (backing track)
  10. "Wind Session" – 4:31 (extractos da sesión que producíu a intro de "21st Century Schizoid Man")
  • temas 1–6: remestura do 2009 por Robert Fripp e Steven Wilson das cintas orixinais.
  • temas 7–10: tomas alternativas das sesións orixinais de estudio, mesturadas e producidas por Steven Wilson.

CD2[editar | editar a fonte]

  1. "21st Century Schizoid Man" – 7:24
  2. "I Talk to the Wind" – 6:04
  3. "Epitaph" – 8:49
  4. "Moonchild" – 12:13
  5. "The Court of the Crimson King" – 9:26
  6. "21st Century Schizoid Man" – 6:47 (early instrumental recording)
  7. "I Talk to the Wind" – 4:40 (BBC session, from bootleg source)
  8. "21st Century Schizoid Man" – 7:11 (BBC session, from a BBC transcription disc)
  9. "The Court of the Crimson King (Part 1)" – 3:22
  10. "The Court of the Crimson King (Part 2)" – 4:31
  • temas 1–5: remasterización do 2004
  • temas 7–8: sesión na BBC Radio 1
  • temas 9–10: caras a e b do sinxelo orixinal en vinilo

CD3[editar | editar a fonte]

  1. "21st Century Schizoid Man" – 7:08 (trio version – instrumental)
  2. "I Talk to the Wind" – 4:21 (studio run-through)
  3. "Epitaph" – 9:27 (alternative version)
  4. "Moonchild" – 2:21 (take 1)
  5. "The Court of the Crimson King" – 7:15 (take 3)
  6. "21st Century Schizoid Man" – 7:21
  7. "I Talk to the Wind" – 6:03
  8. "Epitaph" – 8:56
  9. "Moonchild" – 12:12
  10. "The Court of the Crimson King" – 9:22
  • temas 1–5: tomas alternativas da sesión de estudio orixinal. Mesturados e producidos por Steven Wilson.
  • temas 6–10: transferencia do vinilo da primeira impresión estéreo de Island Records no Reino Unido.

CD4[editar | editar a fonte]

  1. "21st Century Schizoid Man" – 6:36
  2. "The Court of the Crimson King" – 6:31
  3. "Get Thy Bearings" – 9:41
  4. "Epitaph" – 4:29
  5. "Mantra" – 3:05
  6. "Travel Weary Capricorn" – 5:38
  7. "Mars" – 3:30
  8. "The Court of the Crimson King" – 7:52
  9. "A Man A City" – 12:19
  10. "Epitaph" – 8:32
  11. "21st Century Schizoid Man" – 7:57
  • temas 1–7: bootleg restaurado, gravado ao vivo en Hyde Park, Londres, o 5 de xullo de 1969.
  • temas 8–11: bootleg restaurado, gravado ao vivo en Fillmore East, New York, en novembro de 1969.

CD5[editar | editar a fonte]

  1. "21st Century Schizoid Man" – 7:22
  2. "I Talk to the Wind" – 6:04
  3. "Epitaph" – 8:52
  4. "Moonchild" – 12:13
  5. "The Court of the Crimson King" – 9:27
  6. "The Court of the Crimson King" – 2:20
  • temas 1–5: mestura en mono usada para a promoción na radio só nos Estados Unidos
  • tema 6: editado, mestura en mono usada para a promoción na radio só nos Estados Unidos

DVD[editar | editar a fonte]

  1. remestura do 2009, 5.1 surround, en DTS e MLP
  2. remestura do 2009, estéreo, en 24/48 LPCM e 24/96 MLP
  3. Tomas alternativas da sesión orixinal de estudio (CD3 temas 1–5), estéreo, en 24/48 LPCM e 24/96 MLP
  4. remasterización do 2004 (CD2 temas 1–5), estéreo, en 24/48 LPCM e 24/96 MLP
  5. "21st Century Schizoid Man" – película do concerto en Hyde Park o 5 de xullo de 1969

Notas[editar | editar a fonte]