Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"In da Club" é unha canción de hip hop do rapeiro 50 Cent do seu primeiro álbum comercial "Get Richo or Die Tryin’". A canción foi producida por Dr. Dre coa coprodución de Mike Elizondo. 50 Cent, Dr. Dre, e Elizondo tamén escribiron a canción. A mesma foi lanzada a finais de 2002 como o principal single do álbum e foi ben recibido polos críticos musicais.
"In da Club" converteuse no primeiro single en alcanzar a primeira posición nas listas de 50 Cent e foi unha das cancións máis populares de 2003 despois de alcanzar a primeira posición en Estados Unidos e poñerse no Top 5 da maioría das listas europeas. Na cuadraxésima sexta edición dos Grammy, foi nominada como mellor canción de rap e mellor canción de rapeiro solista.
Información [editar]
Despois de que 50 Cent fose descuberto por Eminem en 2002, foi invitado a voar a Os Ánxeles onde coñeceu a Dr. Dre.[1] 50 Cent gravou sete cancións en cinco días con Dr. Dre, sendo "In da Club" a primeira en ser gravada.
A produción fora dada orixinalmente ó grupo de hip hop D12, pero foi pasada a 50 Cent.[2] 50 Cent gravou a canción tendo presente unicamente o golpe de percusión. Como moito do contido de "Get Richo r Die Tryin’" fora escuro, quixo escribir material que fora "completamente oposto". Chamou a canción unha "celebración da vida. Cada día é relevante debido a que é o aniversario de alguén"[3]
Controversia [editar]
En xaneiro de 2006, 50 Cent foi demandado por piratería polo antigo manager de 2 Live Crew, Joe Weinberger, que mantén os dereitos do catálogo do grupo. Este argumentou que 50 Cent plaxiou a letra de "it’s your birthday" de Luther Campbell, cantante de 2 Live Crew, correspondente ó seu álbum de 1994 "Still a Freak for Life". O xuízo foi desestimado polo xuíz federal Pal Huck, quen ditaminou que a frase é un "elemento da canción común, pouco orixinal e que non pode ter dereitos de autor"
Lista de Temas [editar]
| # |
Título |
| 1. |
"In da Club" (clean) |
| 2. |
"In da Club" (explicit) |
| 3. |
"Wanksta" |
CD single (Australia) [editar]
| # |
Título |
| 1. |
"In da Club" |
| 2. |
"Wanksta" |
| 3. |
"In da Club" (instrumental) |
| 4. |
"In da Club" (canción multimedia) |
| 5. |
"Wanksta" (canción multimedia) |
Posición nas Listas [editar]
| Lista |
Máxima Posición |
| Lista de singles de Australia |
1 |
| Lista de singles de Austria |
3 |
| Lista de singles de Bélgica |
2 |
| Lista de singles de Canada |
1 |
| Lista de singles de Francia |
16 |
| Lista de singles de Alemaña |
1 |
| Lista de singles de Grecia |
3 |
| Lista de singles de Irlanda |
1 |
| Lista de singles de Nova Zelandia |
1 |
| Lista de singles de Noruega |
3 |
| Lista de singles de UK Singles Chart |
3 |
| United World Chart |
1 |
| U.S. Billboard Hot 100 |
1 |
| U.S. Billboard Top 40 Tracks |
1 |
| U.S. Billboard Hot R&B/Hip-Hop Songs |
1 |
| U.S. Billboard Hot Rap Tracks |
1 |
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| Álbums |
|
|
| Singles |
|
|
| Filmografía |
|
|
| Videoxogos |
|
|