Imia - Ίμια

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kardak - Imia
Vista da illa
Kardak (Imia) Islets E-7218.jpg
Datos
Capital
país Desputada por Grecia e Turquía
Localización Mar Exeo
Linguas
Poboación (2009) Deshabitadas
Superficie 0´49 km²
Densidade
Coordenadas 37°03′03″N 27°09′04″E / 37.05083°N 27.15111°E / 37.05083; 27.15111
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

Imia (Ίμια) en grego, ou Kardak en Turco é un conxunto de dúas pequenas illas despoboadas no Mar Exeo, situadas entre a cadea das illas gregas do Dodecaneso e a parte continental da costa suroeste de Turquía. Atópanse a 7 km. o oeste da costa da Provincia de Muğla, e a 10´2 km. ao leste da illa grega Kalymnos, e a 4´6 km. ao sueste do pequeno illote grego de Kalólimnos.

A súa superficie total é de 0´40 km². As illas son tamén coñecidas como Limnia en grego, ou İkizce en turco, ou como Heipethes nalgúns dos primeiros mapas do século 20. Imia / Kardak foi obxecto dunha crise militar e a posterior controversia sobre a soberanía entre Grecia e Turquía en 1996.

A disputa de Imia/Kardak é parte das grandes disputas do Exeo, que comprende tamén as disputas sobre a plataforma continental, as augas territoriais, o espazo aéreo, e a desmilitarización das illas do mar Exeo. Por mor da crise Imia/Kardak, a controversia foi ampliada, xa que Turquía comezou a reivindicar un maior número de illotes do Mar Exeo. Estas illas, algunhas delas habitadas, son consideradas como indiscutiblemente gregas por parte de Grecia, pero como zonas grises de soberanía indeterminada por Turquía.