Imaxe óptica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha imaxe 'óptica' é unha figura formada polo conxunto de puntos onde converxen os raios que proveñen de fontes puntuais do obxecto tras a súa interacción co sistema óptico. A imaxe pode ser real ou virtual.

A imaxe real é a que se forma cando, tras pasar polo sistema óptico, os raios de luz son converxentes. Esta imaxe non se pode percibir directamente co sentido da vista, pero se pode rexistrar colocando unha pantalla no lugar onde converxen os raios.

A imaxe virtual é a que se forma cando, tras pasar polo sistema óptico, os raios diverxen. Para o sentido da vista, os raios parecen vir dende un punto polo que non pasaron realmente. A imaxe percíbese no lugar onde converxen as prolongacións deses raios diverxentes. É o caso da imaxe formada por un espello plano. As imaxes virtuais non se poden proxectar sobre unha pantalla.