Imager for Magnetopause-to-Aurora Global Exploration

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IMAGE (Imager for Magnetopause-to-Aurora Global Exploration) / Explorer 78
Image-spacecraft-iso-view.gif
Diagrama de IMAGE.
Tipo Observación terrestre.
Organización NASA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 25 de marzo de 2000[1][2][3]
Foguete portador Delta II 7326[2][4][5]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misión Estudio da magnetosfera terrestre.[2][6]
NSSDC ID 2000-017A
Masa 536 kg[2][4]
Dimensións 2,25 metros de diámetro por 1,52 metros de longo.
Potencia 250 vatios[2][6]
Semieixo maior 29.815,4 km[1]
Inclinación 93,1 graos[1]
Apoapse 46.248,4 km[1]
Periapse 640,4 km[1]

IMAGE (acrónimo de Imager for Magnetopause-to-Aurora Global Exploration), tamén coñecido como Explorer 78, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de marzo de 2000 mediante un foguete Delta II desde a base Vandenberg da Forza Aérea. IMAGE pertence ó programa MIDEX, englobado dentro do programa Explorer.[2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de IMAGE foi estudar o comportamento da magnetosfera terrestre ante as variacións do vento solar. As áreas de estudo do satélite inclúen a identificación dos mecanismos de inxección do plasma na magnetosfera durante as tormentas magnéticas, medi-la resposta da magnetosfera ante cambios no vento solar e estudar o modo en que o plasma da magnetosfera é enerxizado, transportado e perdido durante as tormentas e subtormentas magnéticas. IMAGE medía 2,25 metros de diámetro por 1,52 metros de longo.[2][4]

O satélite deixou de funcionar o 18 de decembro de 2005, cando se deixou de recibir a súa telemetría debido a un problema eléctrico a bordo.[2][4]

Unha aurora polar vista por unha das cámaras ultravioleta de IMAGE.

Instrumentos[editar | editar a fonte]

IMAGE levaba a bordo tres cámaras de átomos neutros capaces de medi-la enerxía e composición de átomos con enerxías de entre 10 e 200 eV cunha resolución temporal de 300 segundos. Ademais portaba dúas cámaras ultravioleta para o rango de lonxitudes de onda entre 120 e 180 nanómetros e para a banda dos 30,4 nanómetros, e un radar de baixa potencia operando a lonxitudes de onda de radio de entre 3 kHz e 3 MHz.[2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "IMAGE" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=26113. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "IMAGE" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2000-017A. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  3. (PDF) Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 25 de xaneiro de 2001. pp. 7. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1482.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Explorer: IMAGE (MIDEX 1)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_image.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  5. 5,0 5,1 "Delta 7326-9.5" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/del32695.htm. Consultado o 26 de xuño de 2012.
  6. 6,0 6,1 6,2 "IMAGE" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/image.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.