Ilmenita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilmenita
Fórmula químicaFeTiO3
ClaseÓxido
Sistema cristalinoHexagonal
CorNegra
BrilloDe metálico a submetálico
Dureza5,5 - 6 (escala de Mohs)
RaiaNegra arroibada
Densidade4,7 g/cm³.

A ilmenita (FeTiO3) é un mineral feblemente magnético, da clase dos óxidos, de cor negra ou gris, que se encontra nas rochas metamórficas e nas rochas básicas eruptivas (gabro, diabase, piroxenita). O nome provén das montañas "Ilmen" en Rusia, un dos principais depósitos. A maioría da ilmenita atópase recuberta de capas, como por exemplo, de area de praia. Contén o 47,34% de FeO e o 52,66% de TiO2, aínda que esta proporción é variable pola entrada do óxido férrico, substituíble por magnesio e manganeso.

Preséntase en forma de cristais normalmente tabulares delgados e romboédricos. Nas areas das praias acostuman estar partículas moi miúdas deste mineral, con diámetros de entre 0,1 e 0,2 mm.

Ilmenita lunar[editar | editar a fonte]

Achouse ilmenita nas rochas da Lúa e no 2005,[1] a NASA utilizou o Telescopio Espacial Hubble para localizar lugares potencialmente ricos en ilmenita. Este mineral podería ser fundamental á hora de crear unha base lunar; xa que proporcionaría unha fonte de ferro e titanio para os elementos estruturais, ademais de poder obterse osíxeno con el.

Depósitos na España[editar | editar a fonte]

Nas areas do Sil e en xeral en todos os areais do noroeste de Galiza, especialmente en Ortigueira, Ría de Cedeira ou Cabo Prior. En Asturias. En Horcajuelo, en Somosierra (Madrid) e na Serra de Guadarrama, na provincia de Ávila e na provincia de Segovia. En Tibidabo, Vallvidrera, Molins de Rei, Montseny, Sant Climent de Llobregat, Santa Creu d'Olorda (Barcelona) e Val de Arán (Lleida). Na Serra de Gata e en Logrosan (Cáceres). En Andalucía pode encontrarse en Játar, Gobantes e Archidona, provincia de Sevilla, en Serra Nevada, nalgunhas praias da provincia de Cádiz, da provincia de Huelva e do Cabo de Gata.

Usos[editar | editar a fonte]

A maioría da ilmenita emprégase en aliaxes especiais para a industria aeroespacial e para pigmentos. O produto aquí é o dióxido de titanio, que é unha substancia extremadamente branca usada como base para diferentes tipos de pinturas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]