Illote Fongafale
| Fongafale | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Tuvalu |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2002) | 3.136 hab. |
| Superficie | 0´65 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 8°31′S 179°12′E / 8.517°S 179.2°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
![]() |
|
Fongafale, tamén chamado Fogale ou Fagafale, é a maior dos illotes do atol Funafuti, en Tuvalu. Ten un área de 0´65 km², é de forma alargada cunha lonxitude de 12 km e ao redor de 10 a 400 m de ancho, co Océano Pacífico Sur ao leste e a lagoa do atol ao oeste. Dentro do illote existen sete pequenas lagoas e posúe unha península chamada Tengako.
Características [editar]
A súa poboación é de 3.136 habitantes (en 2002) e posúe catro vilas (que debido ao tamaño do illote conforman un área urbana contigua): Alapi (1.024 habitantes), Fakai Fou (1.007 habitantes), Senala (589 habitantes) e Vaiaku (516 habitantes). Este último, situado no extremo sur e occidental do illote é a vila máis importante do atol e sitúanse os principais edificios gobernamentais de Tuvalu. Tamén en Vaiaku sitúase o Aeroporto Internacional de Funafuti, na zona máis ancha do illote, percorrendo de nordés a suroeste e só unha empresa Air Fidxi ofrece voos a Suva, capital de Fidxi.
En Funafuti tamén se atopan o único hotel do país, Hotel Vaiaku Lagi, un centro de comunicacións, unha cárcere, unha estación meteorolóxica, unha estación de bombeo de gasolina, un hospital, o único banco comercial de Tuvalu, a oficina postal xeral, algúns almacéns, a residencia do Gobernador Xeral e a Cámara de Tuvalu.
Só existen catro taxis no illote, polo que é común o uso de motocicletas.
