Anís estrelado xaponés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illicium anisatum»)

Illicium anisatum, coñecido en xaponés como shikimi e en moitas linguas co equivalente a anís estrelado xaponés, é unha especie de árbore pertencente á familia Illiciaceae.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore similar ao badián (Illicium verum), pero os seus froitos non poden usarse na alimentación ou como medicina debido a que presentan unha toxicidade elevada, aínda que se queiman como incenso no Xapón.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Coñécense casos de enfermidade, incluíndo "efectos neurolóxicos serios", divulgados despois de ser usado té de anís estrelado, que poden ser un resultado de usar esta especie contaminando o anís estrelado. O anís estrelado xaponés contén anisatina, que causa a inflamación severa dos riles, do tracto urinario e dos órganos dixestivos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • J. F. Eykman: The Botanical Relations of Illicium Religiosum, Sieb., Illicium Anisatum, Lour.. In: American Journal of Pharmacy. 53, Nr. 8, 1881, S. 407