Illas de Sotavento, Cabo Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas de Sotavento (en amarelo)

As Illas de Sotavento son o grupo de illas do arquipélago de Cabo Verde que inclúen (de leste para oeste): Maio, Santiago, Fogo e Brava.

Fan parte aínda: illote de Santa María, adiante da cidade de Praia, na illa de Santiago; illote Grande, illote de Cima, illote do Rei, illote Luís Carneiro e illote Sapado, cerca de 8 km da illa Brava e illote da Areia, xunto ás costas da mesma illa.

As restantes illas de Cabo Verde forman parte das Illas de Barlovento.