Illas de Barlovento
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Illas de Barlovento son un grupo de illas das Pequenas Antillas, integrado por Granada, Martinica, Santa Lucía, Barbados, San Vicente e Granadinas, Trindade e Tobago.
Nome e xeografía [editar]
As Illas de Barlovento foron chamadas así porque estaban máis a barlovento (na dirección do vento) dos barcos que chegaban ao Novo Mundo que as Illas de Sotavento dado que os ventos que prevalecen nesa zona sopran en dirección este a oeste. As correntes transatlánticas e os ventos que producían a ruta máis rápida a través do océano levaban aos barcos primeiro a estas illas do sueste das Antillas para logo continuar ao seu destino final no Caribe ou Norteamérica.
As Illas Antillas de Barlovento son (de norte a sur) [editar]
- Redonda.
- Illas Virxes.
- Parte das Antillas Holandesas (ao leste das Illas Virxes):
- Anguila - Anguilla (Reino Unido).
- As illas de Antiga e Barbuda:
- As illas de Saint Kitts e Nevis:
- Illa de Saint Kitts.
- Nevis.
- Montserrat (Reino Unido).
- Guadalupe (Basse-Terre e Grande-Terre) e as súas dependencias:
- Dominica.
- Martinica (Francia).
- Santa Lucía.
- Barbados.
- As illas de San Vicente e Granadinas:
- San Vicente.
- As Granadinas.
- Granada - Grenada.
- As illas de Trindade e Tobago: