Illas da Decepción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización das Illas da Decepción nas Tuamotu

As illas da Decepción (en francès Îles du Désappointement) é un grupo de dous atois das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Son os atois de Napuka e Tepoto Norte, situados ao norte do arquipélago. En ocasións inclúese no grupo o atol Puka Puka, máis afastado e illado e culturalmente diferenciado.

O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Eran as primeiras illas que atopaba no Pacífico, pero non puido desembarcar e chamou ao grupo Disappointement Islands. Previamente Magalláns atopara en 1521 a illa de San Pablo (Puka Puka) e chamara aos grupos de atois como Infortunate (desafortunadas).

Culturalmente forman unha das sete áreas lingüísticas do Tuamotu.

Comuna de Napuka[editar | editar a fonte]

Administrativamente as illas da Decepción forman a comuna de Napuka que inclúe a comuna asociada de Tepoto:

Illas Habitantes (censo 1996) Superficie (km²)
Napuka 319 8
Tepoto 65 4
TOTAL 384 12