Illas Medes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Medes
Illes Medes
Medes estartit.jpg
Vista desde a praia de l'Estartit
Medes NWW.png
Vista de satélite das illas
Situación
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Xirona
Mar Mediterráneo
Coordenadas 42°02′N 3°08′E / 42.03°N 3.13°E / 42.03; 3.13
Xeografía
Superficie 0,215 km² km²
Punto máis alto 75 m
Demografía
Poboación Deshabitadas

As illas Medes (en catalán: Illes Medes) son un arquipélago da Costa Brava, a pouco máis dun quilómetro do litoral de l'Estartit, situado no mar Mediterráneo formado por unhas sete illas e algúns illotes fronte á costa de Cataluña (nordés de España). Ten unha superficie aproximada de 21,5 ha. Posúe un fondo mariño, favorecido pola súa proximidade á desembocadura do río Ter, que atrae a numerosos investigadores que o estudan cada ano facendo desta reserva marítima unha das máis importantes do Mediterráneo e a máis grande en extensión de Cataluña. A illa con máis lonxitude do grupo é a Meda Gran.

As sete illas son de maior a menor extensión: la Meda Gran, la Meda Xica, el Carall (o Cavall) Bernat, els Tascons Grossos, el Medellot, els Tascons Petits e les Ferrenelles. O arquipélago é, de feito, a continuación do macizo do Montgrí.

É un dos espazos de interese natural máis importante do Mediterráneo e unha gran reserva de fauna e flora.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos de naufraxios que se atoparon proban que as illas foron transitadas polo home desde fai moito tempo, sendo a miúdo unha base dos piratas para as súas incursións á costa. Ata 1934 estiveron habitadas.

A protección das illas iniciouse en 1983 cunha Orde da Generalitat de Catalunya. En 1985 unha resolución estableceu normas de cumprimento obrigatorio na zona vetada. En 1990, integrándose uns anos máis tarde no PEIN, promulgouse unha lei para a protección e conservación da flora e fauna do fondo mariño das illas Medes e da parte de costa do Montgrí, entre a Roca do Molinet e Punta Salines.

Fauna terrestre[editar | editar a fonte]

Con respecto á fauna terrestre, o freo que separa o arquipélago da superficie terrestre foi unha barreira infranqueable para as especies desprovistas de ás.

Hai tres especies de réptiles: a salmantesa (Tarentola mauritanica), o lagarto (Podarcis hispanica) e o lagarto colilargo (Psammodromus algirus); e unha de mamíferos: o rato doméstico (Mus musculus) que, en certo xeito, son animais que o ser humano introduciu.

Respecto dos alados, hai 146 especies de insectos e 60 de aves, a maioría aves mariñas. Destacan a gaivota arxéntea (Larus cachinnans), cunhas 8.000 parellas que crían desde marzo ata maio, o corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), o corvo mariño grande (Ph. aristotelis), a garzota común (Egretta garzetta), o martinete (Nycticorax nycticorax), a garza real (Ardea cinerea), etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Illas Medes