Illas Maskelynes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nh-map.png

As Illas Maskelynes son unha pequena cadea de illas baixas que forman parte de Vanuatu no Océano Pacífico. Atópanse ao sueste de Malakula.[1] A zona é rica en peixes e quenllas,[2] e 'Lonely Planet' describe as Maskelynes como "simplemente fantásticas" e recoméndaas para o mergullo malia a advertencia de fortes correntes entre as illas.[3] Con todo, hai pouco turismo na zona, é unha parte moi remota de Vanuatu.

As illas da cadea están relativamente ben poboadas, por razóns históricas, a vida nas illas presentaba unha protección dos ataques das tribos do continente que non eran bos mariños, polo que tiñan problemas para chegar á cadea de illas. Con todo, a cadea de illas tamén pasou por unha serie de ciclos de poboación e despoboación (non hai referencia dunha causa determinada).[4]

As illas contan con moi pouca infraestrutura moderna, aínda que o goberno de Vanuatu e varias axencias de axuda. cooperaron cos habitantes para instalar algunhas escolas locais menores e centros de saúde.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Cruising Sailor Gets Up Close and Personal". Cruising World. 11 May 2007. http://www.cruisingworld.com/how-to/living-aboard/a-cruising-sailor-gets-up-close-and-personal. Consultado o 3 December 2011.
  2. Diving and snorkeling guide to Vanuatu. 1995.
  3. "Introducing The Maskelynes". Lonely Planet. 1 October 2008. http://www.lonelyplanet.com/vanuatu/malekula/the-maskelynes. Consultado o 3 December 2011.
  4. Speiser, Felix (1923 (English translation, 1991)). Ethnology of Vanuatu (translation of "Ethnographische Materialien aus den Neuen Hebriden und den Banks Inseln").
  5. "Where They Went: Vanuatu". Boston.com. 13 March 2005. http://articles.boston.com/2005-03-13/travel/29220666_1_vanuatu-malaria-education-port-vila. Consultado o 3 December 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Maskelynes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]