Illas Marshall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aolepān Aorōkin M̧ajeļ
Republic of the Marshall Islands

República das Illas Marshall
Bandeira das Illas Marshall Escudo das Illas Marshall
Bandeira Escudo
Lema: Jepilpilin ke ejukaan
Himno nacional: Forever Marshall Islands
 
LocationMarshallIslands.png
 
Capital
 • Poboación
Majuro
25.400 hab. (2004)
Cidade máis poboada Majuro
Linguas oficiais
Marshalés e inglés
Forma de goberno República
Litokwa Tomeing
Independencia
- data
de Estados Unidos
en 1986
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 222º
181 km²
n/d
0 km km
370,4 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade

66.223
331 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense (USD)
Xentilicio Marshalés
Fuso horario UTC + 13
Dominio de Internet .mh
Prefixo telefónico +692
Prefixo radiofónico V7A-V7Z
Código ISO 584 / MHL / MH
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo

A República das Illas Marshall (en inglés Republic of the Marshall Islands) é un estado insular do Pacífico, ó norte de Nauru e Quiribati, ó leste dos Estados Federados de Micronesia, e ó sur da estadounidense Illa de Wake. Está composta maiormente por atois coralinos nos que a elevación non supera os nove metros como máximo. Os principais atois son: Kwajalein, Jaluit, Majuro, Bikini e Enewetak. O clima é ecuatorial, con temperaturas entre 35 e 22 graos Celsius.


Historia[editar | editar a fonte]

O explorador español Alonso de Salazar foi o primeiro europeo en avistar as illas Marshall, pero permaneceron virtualmente descoñecidas ata a chegada de John Marshall, capitán inglés, en 1788. As illas toman o nome en honra a el.

Unha empresa comercial alemá asentouse nas illas en 1885 e poucos anos despois convertéronse en parte do protectorado da Nova Guinea Alemá. Durante a Primeira guerra mundial Xapón tomou as illas da administración alemá e posteriormente foille outorgado un mandato pola Sociedade de Nacións.

Na Segunda guerra mundial, Estados Unidos ocupou as illas en 1944 e incorporouna ao Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico (que incluía moitas outras illas da rexión). Entre 1946 e 1957 os Estados Unidos probaron nelas 67 armas nucleares, incluíndo a maior proba nuclear levada a cabo polo goberno estadounidense. Esta proba, coñecida como Castle Bravo causoulle envelenamento por radiación a 236 marxaleses. Séguense facendo reclamacións polas probas nucleares así coma sentíndose os efectos na saúde dos habitantes .

En 1976 a República das Illas Marshall foi establecida cun Acordo de libre asociación que tería vixencia a partir de 1986, a independencia completa de acordo coa legalidade internacional deuse en 1990, cando as Nacións Unidas oficialmente deron por terminado o fideicomiso sobre o territorio.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O presidente marxalés é xefe de estado e xefe de goberno. O presidente, que é elixido de entre os membros do Nitijela (Parlamento) polos seus pares, nomea o seu propio gabinete.

As eleccións para o parlamento, que ten 33 escanos, son cada catro anos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

As Illas Marshall non teñen unha división administrativa formal, pero divídense en 26 distritos lexislativos que tamén corresponden ás illas deshabitadas e atois do país:

Marshall Islands-CIA WFB Map.png

Xeografía[editar | editar a fonte]

O país consiste de vinte e nove atois e cinco illas. As illas e atois máis importantes forman dous grupos: a cadea Ratak e a cadea Ralik (significan "amencer" e "atardecer" en marxalés). Dúas terceiras partes da poboación nacional viven na capital Majuro e na cidade de Ebeye. As illas exteriores son pouco poboadas debido á escaseza de oportunidades de emprego e desenvolvemento económico. A vida nos atois externos é xeralmente aínda bastante tradicional e a nutrición da poboación rural que cultiva e caza, é superior á dos residentes urbanos que comen arroz.

Os atois deshabitados son:

O clima é cálido e húmido, cunha estación seca desde maio a novembro. Ocasionalmente sofre tifóns. O goberno do país realizou reclamacións territoriais fronte aos Estados Unidos pola soberanía da Illa Wake, ao norte do arquipélago.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía das Illas Marshall.

A axuda do goberno dos Estados Unidos é o alicerce principal da economía. A produción agrícola está concentrada en pequenas granxas e os cultivos comerciais máis importantes son os cocos, os tomates, os melóns e a árbore do pan. A industria de pequena escala está limitada á artesanía, a transformación do peixe e a copra. A industria turística, agora unha fonte pequena de intercambio estranxeiro dando emprego a menos do 10% da forza laboral, permanece como a mellor esperanza para ingresos engadidos futuros. As illas ten poucos recursos naturais e as importacións exceden de longo ás exportacións.

En 2005 Aloha Airlines cancelou os seus servizos de voo ás Illas Marshall como parte da súa retirada de varios mercados na rexión. Aínda que outras aerolíneas internacionais seguen aterrando en Majuro, isto é un revés nos desexos do país de aumentar os ingresos do turismo.

Baixo os termos do emendado Pacto de Libre Asociación, os Estados Unidos proporcionarán millóns de dólares cada ano ás Illas Marshall ata 2023, cando un fondo de fideicomiso creado polas contribucións dos Estados Unidos e a República das Illas Marshall comezarán a facerse efectivo anualmente.

Non estando entre os 179 países membros da OIT, as Illas Marshall están entre o puñado de países non obrigados a cumprir cos estándares laborais básicos (eliminación de traballos forzados, traballo de menores e discriminación e respecto pola liberdade de asociación e o dereito de contratación colectiva) como é requirido polos membros da OIT.

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo con estatísticas do ano 2003, a poboación do arquipélago ascende a 56.429 persoas das cales a maioría practica o cristianismo protestante e o 93,7% sabía ler e escribir. Con todo, a esperanza media de vida é moi baixa en comparación co resto dos países, pois non supera os 67 anos e medio para os homes nin os 71 anos e medio para as mulleres, ademais de ter unha taxa de fertilidade bastante alta (4,12 fillos por muller). A taxa de natalidade non tivo un impacto importante na poboación (cuxo crecemento anual é da orde do 2,3%) debido á alta porcentaxe de migración cara á illa de Guam ou cara ao estado de Hawaii, os cales forman parte dos Estados Unidos de América.

Cultura[editar | editar a fonte]

Aínda que é unha actividade actualmente en declive, os marshaleses foron algunha vez hábiles navegantes, que para orientarse usaban as estrelas e mapas de cunchas. Tamén grande experiencia na construción de canos e ata a data existe unha competición anual que inclúe un tipo único de canoa oceánica, chamada proa.

Tamén no pasado estaba moi presente a arte da tatuaxe nas illas Marshall: cubrían unha gran parte do corpo ata o punto que en outubro do 1529 cando a expedición de Álvaro de Saavedra, á volta das illas Filipinas desembarcou nun arrecife ao noroeste das illas: os españois foron tan impresinados polas tatuaxes que chamaron ás illas "Illas dos Pintados" e levaron con eles algúns indíxenas para mostralos na Corte española.

Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau