Illas Kuria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Kuria | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Illa principal | Buariki |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 1.082 hab. |
| Superficie | 12´7 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | 2 |
| Coordenadas | 0°13′43″N 173°24′38″E / 0.22861°N 173.41056°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Kuria é o nome dun par de illas no norte das Illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no Océano Pacífico. Están localizadas ao noroeste de Aranuka (na cal existe unha illa co mesmo nome da illa mais grande de Kuria).
As dúas illas, Buariki e Oneeke, están separadas por unha canle estreita sobre unha plataforma de auga pouco profunda. Están rodeadas por un arrecife de coral, cuxa parte mais ancha atópase ao leste de Kuria.