Illas Kai
| Illas Kai | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| [[Ficheiro:|330px| ]] | |
| Datos | |
| Capital | Tual |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Molucas |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | |
| Superficie | 1.438 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 5°45′00″S 132°43′48″E / 5.75°S 132.73°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
As Illas Kai (tamén Illas Kei) de Indonesia están na párte sur-oriental das illas Molucas.
Xeografía [editar]
Os habitantes das illas chamanas Nuhu Evav (illas Evav) ou Tanat Evav (terra Evav), pero son coñecidas como Kei para as persoas das illas veciñas. "Kai" é en realidade unha ortografía neerlandesa da época colonial, que aínda persiste. As illas atópanse ao sur da Península de Doberai da illa de Nova Guinea, ao oeste das illas Aru, e ao nordés das illas Tanimbar. O pequeno grupo chamado illas Tayandu (tamén Tahayad) está xusto ao oeste.
As illas Kei compoñense de numerosas illas, incluídos os:
- Kai Besar ou Nuhu Yuut ou Nusteen (Gran Kei)
- Kai Kecil ou [Nuhu Roia]] ou Nusyanat (Pequena Kei)
- Tanimbar Kei ou Tnebar Evav
- Kei Dulah ou Du
- Dulah Laut ou Du Roa
- Kuur
- Taam
- Illas Tayandu (Tahayad) grupo.
A superficie total das terras das Illas Kei é 1438 km².
Kei Besar é montañosa e densamente boscosa. Kei Kecil ten a maior poboación, e é plana. En realidade, é un arrecife de coral. A capital é a cidade de Tual, na súa maioría habitada por musulmáns. Preto Langgur é o centro dos cristiáns. Kei é famosa pola beleza das súas praias, por exemplo, Pasir Panjang.
As illas Kei son parte da Liña de Wallace, o grupo de illas indonesias que están separadas por augas profundas tanto da plataforma continental de Asia e Australia, e nunca estiveron vinculadas a ningun dos dous continentes. Como resultado, as Illas Kei teñen poucos mamíferos nativos.