Illas Anzhu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 75°28′30″N 143°02′31″E / 75.47500°N 143.04194°E / 75.47500; 143.04194

Localización das Illas de Nova Siberia en Rusia.
Localización das illas Anzhu.
Mapa do arquipélago de Nova Siberia.

As illas Anzhu (en ruso, острова Анжу) son un grupo de illas localizadas no Ártico Siberiano, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia. Este grupo de illas é un territorio practicamente deshabitado.

Administrativamente, as illas pertencen á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas están situadas entre o mar de Láptev e o mar de Siberia Oriental, na zona ártica de Rusia. A superficie total das illas é de aproximadamente uns 29.000 km².

As principais illas do grupo de Anzhu son (de oeste a leste):

Historia[editar | editar a fonte]

As illas Anzhu levan o seu nome en honra do oficial naval e explorador ruso Pyotr Anzhu, que no transcurso dunha expedición ás costas siberianas dirixida por Ferdinand von Wrangel (1820-24) realizou o primeiro mapa das illas.