Illa do Diaño
| Illa do Diaño | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Illas da Salvación |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 0´14 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 5°17′N 52°35′W / 5.283°N 52.583°W |
| Maior Altura | 40 m. |
| Localización | |
![]() |
|
A Illa do Diaño (en francés "Île du Diable") é a illa máis pequena das tres Illas da Salvación (en francés Iles du Salut), localizada a 11 km da costa de Güiana Francesa ten un área de 14 hectáreas. As suas coordenadas xeográficas son: 5°17?N, 52°35?W. A illa foi utilizada como unha colonia penal francesa, moi famosa pola brutalidade con que eran tratados os prisioneiros.
A illa é rochosa e esta cuberta de selva tropical. Ten unha altitude media de 40 metros sobre o nivel do mar. Foi aberta en 1851 por Napoleon III para albergar todo tipo de prisioneiros, desde asasinos a criminais políticos. A pesar de que os edificios administrativos atopábanse en Kourou en terra firme, co tempo todo o complexo foi chamado A Illa do Diaño.
Desde 1852 ata 1938 chegaron máis de 80,000 prisioneiros, e debido ás terribles condicións sanitarias da illa, a maioría nunca volveron ser vistos. A única forma de escapar era por bote, e logo debía superarse unha selva impenetrable, polo que poucos convictos lograron escapar.
Algúns sobreviventes deixaron relatos dos horrores do penal, entre eles atópase o anarquista Clément Duval, o autor de Papillon Henri Charrière e o fámoso capitán Alfred Dreyfus, que estivo alí máis de catro anos ata que foi perdoado en 1899 e finalmente declarado inocente en 1906.
O penal foi clausurado en 1946 e a maioría dos prisioneiros regresou a Francia, aínda que algúns decidiron quedar na Güiana Francesa.
