Illa do Congreso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Illa do Congreso pertence ao arquipélago das illas Chafarinas, situadas ao norte do continente africano e de soberanía española.
É a illa máis escarpada e con maior superficie do pequeno arquipélago. Está deshabitada e o seu maior interese é o ambiental e o arqueolóxico, pois alberga o asentamento ou poboado ao aire libre O Zafrín, do tipo neolítico cardial do V milenio a.C., que está sendo investigado desde o ano 2000 polo Instituto de Cultura Mediterránea. Son destacables as coleccións de cerámica obtidas nas escavacións e que forman parte das coleccións do Museo da Cidade Autónoma de Melilla.