Illa de Trindade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Trindade
Bandeira Escudo
Localización
Mapa de Trindade
Mapa de Trindade
Datos
Capital
País Brasil
Linguas
Poboación (2007) Non hai moradores permanentes. Patrullas rotatorias da Mariña do Brasil fan investigacións e gardan o territorio.
Superficie 9,2 km²
Densidade
Localización Océano Atlántico
Coordenadas 20°30′52″S 29°19′50″O / -20.51444, -29.33056
Maior Altura 600 m.

Trindade é unha illa volcánica situada a uns 1200 km. da costa da América do Sur, pertencente ao estado brasileiro do Espírito Santo, que xunto con Martim Vaz e outras illas forman un arquipélago. Está protexida pola Mariña do Brasil e utilizada como base de investigacións científicas e meteorolóxicas. É un local protexido pola lei brasileira para a desova de tartarugas mariñas do océano Atlántico.