Illa de Santa María
Coordenadas: 36°58′24″N 25°05′40″O / 36.9732, -25.0945
Illa de Santa María | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Vila do Porto |
País | Portugal |
Localización | Océano Atlántico |
Arquipélago | Azores |
Linguas | Portugues |
Poboación (2003) | 5.511 hab. |
Superficie | 97´4 km² |
Densidade | |
Coordenadas | |
Maior Altura | 590 m. Pico Alto |
Localización | |
A illa de Santa Maria foi a primeira illa oficialmente descuberta do arquipélago dos Azores. Tamén foi a primeira en ser poboada. Foi descuberta por Diogo de Silves nunha viaxe de regreso desde Madeira no ano 1427.
A illa ten unha superficie de 97.4 km² e unha poboación de 6.500 habitantes. A capital da illa, Vila do Porto é a máis antiga das vilas dos Azores e aínda se poden atopar vestixios de casa antigas, que supostamente pertenceron ao seu primeiro capitán, con fiestras do século XV.
Santa María, é a única das illas do arquipélago con grandes proporcións de terras sedimentarias onde se poden atopar fósiles mariños.
Sitios de interese[editar | editar a fonte]
Almageiras:: ao sur de Vila do Porto. Debe o seu nome á baía Almageiras. É un dos sitios máis agradables dos Azores.
Pico Alto:: é a maior cota e Santa María, cunha altura de 590 m.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Santa María |