Illa de Santa Clara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Santa Clara na Baía da Concha de San Sebastián

A Illa de Santa Clara (Santa Klara uhartea en éuscaro) é unha illa española situada na provincia de Guipúscoa (País Vasco). Trátase dun illote de 5'6 hectáreas situada no centro da baía da Concha (Donostia) e que alcanza os 48 metros de altitude, sendo bastante escarpada debido ás súas reducidas dimensións.

A illa de Santa Clara é un ben de dominio público de titularidade municipal, cedido polo Estado español ao Concello de Donostia en virtude de Decreto de 31 de outubro de 1968.

Posúe un embarcadoiro e unha pequena praia que só aparece coas baixamares e que, con todo, conta con servizo de socorrismo, duchas e ata quioscos de tempada, debido ao gran número de persoas que no verán se achegan a esta illa (comunicada durante o verán co porto de San Sebastián mediante un servizo regular de barco). Á parte do pequeno peirao e as dotacións asociadas ao período estival, a única construción do illote é un faro que se ergue na súa cima. A finais do século XVI foron trasladados á illa os contaxiados pola peste que nesa época arrasaba á capital guipuscoana.