Illa de Pascua - Rapa Nui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rapanui.
Illa de Pascua
Flag of Rapa Nui, Chile.svg Escudo de la Isla de Pascua.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización da illa de Pascua
[[]]
Datos
Capital Hanga Roa
País Chile
Linguas español, rapanui
Poboación (2007) 3.791 hab.
Superficie 163´6 km²
Densidade 23´17 hab/km²
Concellos
Coordenadas 27°7′S 109°22′W / 27.117°S 109.367°W / -27.117; -109.367
Maior Altura 507 m. Maunga Terevaka

A Illa de Pascua é unha illa oceánica que pertence a Chile, famosa polas súas enormes estatuas de pedra coñecidas como moais. Fai parte da V Rexión de Valparaíso. En rapanui, o idioma local, é denominada Rapa Nui (illa grande), Te pito o te henúa (embigo do mundo) e Mata ki te ranxi (ollos fixos no ceo).

Índice

[editar] Xeografía

A Illa de Pascua é un illa volcánica situada na Polinesia, ao sur do Océano Pacífico (27º 09' latitude Sur e 109º 27' lonxitude Oeste) e a 3.700 quilómetros de distancia da costa leste do Chile, posuíndo así un clima subtropical. A súa orixe volcánica remete á fusión de tres volcáns. O mais antigo deles é o Poike, con 3 millóns de anos, seguido polo volcán Rano Raraku, de 2.5 millóns de anos e, por fin, o máis novo deles, chamado de Maunga Terevaka (de 12.000 a 10.000 anos). A illa ocupa unha área de 163 km cadrados.

A illa sitúase sobre a Placa de Naza, preto dunha microplaca tectónica chamada "de Illa de Pascua" que se orixina na zona de diverxencia entre a de Naza e a Placa Pacífica. Esta zona de diverxencia é a que produce un alto vulcanismo que, tras millóns de anos, deu orixe á illa. Fai aproximadamente tres millóns e medio de anos, os volcáns submarinos comezarían a emerxer: primeiro foi o Poike, logo o Maunga Terevaka e, finalmente, o Rano Kao. Estes tres volcáns conformarían os vértices do triángulo que forma a illa. Posteriormente, máis de 70 cráteres xurdirían para dar forma definitiva á illa, modelada ademais pola erosión mariña.

Como a illa atópase sobre a Placa de Naza, Rapa Nui móvese a unha velocidade de 9 centímetros ao ano cara á costa chilena, debido ao fenómeno de subducción entre Naza e a Placa Suramericana.

[editar] Relevo

Vista interior do cráter do Rano Kau

A illa ten unha forma de triángulo rectángulo con lados de 16, 18 e 24 quilómetros e "hipotenusa" correspondente á costa oriental. En cada vértice sitúanse tres volcáns inactivos. Ao norte atópase o Maunga Terevaka que con 539 metros de altitude é o punto máis alto da illa; polo suroriente sitúase o Puakatike ou Poike con 377 m e ao surponiente atópase o cráter do Rano Kau con 324 m, en cuxo interior existen diversas lagoas. Outros cerros de importancia son o Rano Aroi e o Rano Raraku.

O resto das illa corresponde a lombas e ladeiras. A costa, en tanto, é escarpada e rochosa cunha serie de illotes próximos, como o Motu Nui, Motu Iti e Motu Kaukau no extremo suroeste, o illote Motu Tautara na costa poñente e o Motu Marotiri na costa occidental. As únicas excepcións son a costa fronte a Hanga Roia e o sector de Anakena, onde se sitúa a praia do mesmo nome e a praia de Ovahe.

[editar] Clima

A illa posúe un clima subtropical debido á súa localización ao sur do Trópico de Capricornio sumada á influencia dos ventos e as correntes mariñas. A temperatura media anual é de 21,8 °C alcanzando o seu máximo de 24,6 °C en xaneiro e o mínimo de 19,2 °C durante agosto, polo que en xeral os invernos e veráns son tépedos.

As precipitacións repártense ao longo do ano, sen baixar dos 90mm nin superar os 150 mm mensuais, cunha leve alza durante os meses de abril e maio. As choivas son esporádicas e breves, e as súas augas son absorbidas rapidamente polo chan, polo que non existen nin canles fluviais nin grandes reservas acuíferas, fóra dos lagos nos cráteres volcánicos.

O clima pascuense vese fortemente influenciado pola próxima e fría corrente de Humboldt e polos ventos provenientes desde a Antártida.

Mapa topográfico da illa

[editar] A illa antes dos europeos

[editar] A historia

O inicio da colonización das illas do océano Pacífico ocorre sobre o ano 1500 a. C., cando os pobos negroides da Oceanía efectúan unha viaxe polas illas localizadas ao leste da actual Australia, mais precisamente as illas da Melanesia, Micronesia e da chamada Polinesia francesa. Sobre o 150 a. C. chegaron ás illas Marquesas e no 500 xa ocuparan a illa de Pascua.

Esas persoas levaron canda si desde plantas necesarias para a súa alimentación, como a banana e a batata doce, como tamén cans, porcos, galiñas e ata mesmo ratos.

[editar] Os moais

Os moais eran estatuas esculpidas a partir das pedras do volcán Rano Raraku. Estaban dispostas en diversos santuarios que tiñan de media cinco estatuas.

Moai en Rano Raraku, Illa do Leste.

[editar] O rongo rongo

Atopáronse na illa taboletas cunha escritura misteriosa. Tal escritura, coñecida como Rongorongo, nunca foi descifrada a pesar do traballo de varias xeracións de lingüistas. Un profesor húngaro, Guillaume de Hevesy, no 1932 chamoulle a atención as aparentes similitudes entre algúns caracteres do rongorongo da Illa Oriental e as da civilización prehistórica do Vale do Indo, na India, correlando ducias de sinos cos selos de Mohenjo-daro. Esta correlación foi republicada mais tarde, por exemplo por Z.A. Simon (1984: 95). O rongorongo pode significar paz-paz, e os seus textos puideran rexistrar documentos ou tratados de paz, posiblemente entre os "orellas longas" e os conquistadores "orellas curtas". Non obstante, tales explicacións son fortemente discutidas.

[editar] A illa despois dos europeos

A descuberta da illa polos europeos deuse séculos despois da chegada de seus primeiros habitantes. Na noite do 5 de abril do 1722, un día antes do domingo de Pascua, o comandante holandés Jacob Roggeveen[1], xunto cos seus mariñeiros, desembarcou dos seus 3 navíos nunha das praias da illa. Dese xeito, cando puideron coñecer efectivamente a illa na mañá do día 6, bautizárona como Illa de Pascua.

[editar] Poboación

A illa posúe actualmente cerca de 3.300 habitantes, case todos eles concentrados na cidade de Hanga Roa. Os idiomas falados na illa son o español e mailo rapanui (ambos oficiais).

[editar] Goberno e Administración

Actualmente a Illa de Pascua é unha provincia de Chile, administrada por un goberno electo polo presidente chileno.

[editar] Cultura

En febreiro de cada ano celébrase a festa do Tapati, a principal actividade artístico-cultural de Rapa Nui, que comeza a primeira semana de febreiro e dura aproximadamente dúas semanas. Nesta festividade realízanse unha serie de cerimonias ancestrais como a competición de pintura corporal (ou Takona), o relato de historias épicas e lendas (Riu) e o descenso a gran velocidade por unha ladeira sobre troncos de plátanos (ou Haka Pei) e a elección da raíña da illa, que é coroada a primeira lúa chea do mes. Esta festividade enche a capacidade hoteleira e alimentaria de Rapa Nui.

[editar] Mitoloxía

Artigo principal: Mitoloxía rapanui.

A mitoloxía da illa de Rapa Nui presenta características únicas; produto de que esta illa é a máis afastada das illas polinésicas, que era orixinalmente transmitidas en forma oral, e posteriormente rexistradas en forma escrita logo da chegada dos occidentais.

Entre os mitos máis importantes atopamos o da chegada do Pobo rapanui dende o continente de Hiva, o culto ó deus Makemake, que está representado en Rapa Nui como o creador do mundo, e o posterior culto ó Tangata Manu (o home-paxaro).

[editar] Filmes

  • "Rapa-Nui - unha aventura no paraíso"
  • Título Orixinal: Rapa Nui
  • Xénero: Aventura
  • Tempo de Duración: 104 minutos
  • Ano de Lanzamento: (EUA) 1994
  • Dirección: Kevin Reynold
  • Produción: Kevin Costner
  • Música: Stewart Copeland
  • Figurino: John Bloomfield
  • Edición: Peter Boyle

[editar] Notas

  1. Ana María Errázuriz Manual de geografía de Chile. Andres Bello, 1998, páxina 26

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Kiribati | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas