Illa de Mouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Mouro.

A Illa de Mouro é unha illa española situada fronte á Península da Magdalena, na boca da Baía de Santander, en Cantabria. É moi destacada, aínda que o seu territorio é só de 1,7 hectáreas. Enteiramente rochosa e bastante plana, posúe un faro nunha das súas partes máis altas. É un paraíso para os mergulladores, polos ricos fondos que hai ao seu arredor.