Nova York - New York
Coordenadas: 40°43′0″N 74°0′0″W / 40.716667°N 74°W
|
|||||||
Horizonte de Nova York |
|||||||
| Alcume | The Big Apple | ||||||
| Información | |||||||
| País | |||||||
| Estado | |||||||
| Fundación | 1624 | ||||||
| Superficie • Total • Auga • % • Terra • % |
1.214,4 km² 429 km² 36 % 784 km² 64 % |
||||||
| Poboación • Total • Posto • Área metropolitana |
8.244.910 (2011) 1º 18.897.109 |
||||||
| Densidade | 10.573 hab./km² | ||||||
| Altitude | 10 m | ||||||
| Alcalde | Michael Bloomberg | ||||||
| Xentilicio | Novaiorquino | ||||||
| Páxina oficial | |||||||
Nova York (en inglés New York) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Amsterdam, que pasou logo a mans inglesas.
Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos da América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndose nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela cidade altamente cosmopólita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.
As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").
Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socio-económico. Cerca de un millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pela cidade. Moitas persoas, os "sen-teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando a moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldos ou outras rexións do país.
Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos - se non do mundo - atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.
Índice |
Datos [editar]
- Superficie: 779,59 km²
- Poboación: 8.274.527 hab. (2007)
A cidade divídese en cinco distritos, a poboación de cada un deles é:
- Brooklyn: 2.465.326
- Queens: 2.229.379
- Manhattan: 1.537.195
- Bronx: 1.332.650
- Staten Island: 443.728
Ten 3 aeroportos (JFK, La Guardia e Newark), máis de 12.000 taxis, 490 estacións de metro e máis de 17.000 restaurantes. A poboación hispana é superior ós 2 millóns de persoas.
Nova York é tamén o centro da Área Metropolitana de Nova York, cunha poboación de 21.199.865 habitantes, unha das maiores do mundo.
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia urbana de Nova York.
As primeiras referencias europeas datan de 1524, de Giovanni da Verrazzano. A rexión estaba habitada por aboríxenes da tribo dos lenape. O explorador italiano, ao servizo da coroa francesa, bautizouna como Nouvelle Angoulême (Nova Angulema).[1] Os primeiros europeos en asentarse no actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses no 1614, que fundaron a cidade de Nova Amsterdam no 1625, e en 1626, o director da colonia, Peter Minuit, mercoulle a illa de Manhattan aos lenape [2] , e o lugar especialiaríase no comercio das peles.
En 1664, os ingleses conquistaron a cidade e denominárona co nome de Nova York, na honra do Duque de York e Albany.[3] Ao final da Segunda Guerra Anglo-Holandesa, os neerlandeses quedaron co control da illa de Run, en Indonesia, a cambio de que os ingleses controlaran Nova Amsterdam. A comezos do século XVIII, a poboación lenape fora reducida a 200 habitantes.[4]
A cidade de Nova York ganou importancia como porto comercial baixo o Imperio británico. En 1754 fundouse a primeira casa de estudos da cidade, a Universidade de Columbia.[5]
Independencia estadounidense [editar]
Durante a Guerra de independencia dos Estados Unidos, a cidade foi escenario dunha serie de importantes batallas coñecidas como «A campaña de Nova York e Nova Jersey». Finalizada a contenda, en Nova York reuniuse o Congreso Continental, e en 1789, o primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, foi anunciado no Federal Hall de Wall Street.[6] Nova York foi a capital dos Estados Unidos até o ano seguinte.
Século XIX [editar]
No século XIX, a inmigración e o desenvolvemento transformou a cidade. Unha visionaria proposta de futuro, o Commissioners' Plan of 1811, estendeu a grella urbana por toda a illa de Manhattan, e a apertura en 1819 da Canle de Eire conectou o porto atlántico cos vastos mercados agrícolas do interior de Norteamérica.[7] Para 1835, a cidade de Nova York sobrepasaba a Filadelfia como a cidade máis grande dos Estados Unidos. A política local estaba baixo o dominio do Tammany Hall, un sistema de clientelismo político apoiado polos inmigrantes irlandeses.[8] Algúns membros da antiga aristocracia mercante contribuíron ao estabelecimiento do Central Park, o cal se convertiu no primeiro parque paisaxístico dunha cidade estadounidense en 1857. Pola outra banda, un importante movemento abolicionista existiu en Manhattan e Brooklyn, e aínda que os escravos existiron en Nova York na década de 1820, para a década seguinte, Nova York converterase no centro de activismo abolicionista do Norte.
Entre o 13 e 16 de xullo de 1863, a oposición ao servizo militar durante a Guerra Civil Estadounidense (1861-1865) provocou unha serie de manifestacións violentas coñecidas como Draft Riots ou Draft Week; ditos eventos son considerados como un dos peores levantamentos civís da historia estadounidense.[9] En 1898, formouse a moderna cidade de Nueva York coa anexión a Manhattan de Brooklyn (até aquela unha cidade independente) e municipalidades doutros distritos grazas a proxectos como a Ponte de Brooklyn.[10] A apertura do metro en 1904 axudou a unir a cidade. Na primeira metade do século XX, a cidade convirtiuse nun centro mundial para a industria, o comercio e as comunicacións.
Século XX [editar]
Nos anos vinte do século XX, a cidade era un destino principal para os afroamericanos durante a chamada «Gran migración» desde o sur estadounidense. En 1916, Nova York era o fogar da maior diáspora urbana africana en América do Norte. O renacemento de Harlem floreceu durante a era da prohibición, coincidindo con unha explosión económica que impulsou a construción de rañaceos. Nova York convertíuse na ciudad máis poboada do mundo en 1948, sobrepasando a Londres, que ocupaba o primeiro posto durante máis dun século. Durante os anos da Gran depresión, Fiorello LaGuardia foi elixido como alcalde e propiciouse a caída do Tammany Hall logo de oitenta anos de poder.[11]
A inmigración europea e o regreso dos veteranos da Segunda Guerra Mundial causaron un desenrolo económico e impulsou a construción de vivendas ao este de Queens. Nova York saíu da guerra como a principal cidade do mundo, con Wall Street liderando o ascenso de Estados Unidos como a potencia económica dominante, o Cuartel Xeral das Nacións Unidas (construído en 1952) enfatizando a influencia política de Nova York e o ascenso do expresionismo abstracto na cidade desbancando a París da cima do mundo da arte.[12] Nos anos 1960, a cidade sufríu problemas económicos, aumento da taxa de crimes e racismo, que alcanzaron o seu pico na década seguinte.
Na década de 1980, un rexurdimento da industria financiera mellorou a saúde fiscal da ciudad. Nos noventa, as tensións raciais calmábanse, os índices criminais caían drasticamente e moitos inmigrantes chegaron dende Asia e América Latina. Novos sectores, como Silicon Alley (negocios de Internet), apareceron na economía da cidade, e a poboación de neoiorquinos acadou o seu máximo de todos os tempos no censo do 2000.
Século XXI [editar]
A cidade foi un dos obxectivos dos atentados do 11 de setembro do 2001, nos que case 3.000 persoas morreron nos ataques suicidas que se levaron a cabo cando 19 membros da rede terrorista Al-Qaeda secuestraron catro avións de pasaxeiros, dos cales dous, o Voo 11 de American Airlines e o Voo 175 de United Airlines foron estrelados contra as torres xemelgas do World Trade Center.
A Freedom Tower (Torre da Liberdade) será construída no mesmo sitio no que se atopaban as torres xemelgas.[13]
Xeografía [editar]
Nova York atópase no noreste de Estados Unidos, no sureste do estado de Nova York e no medio, aproximadamente, de Washington D.C. e Boston.[14] A súa localización na boqueira do río Hudson, que forma un porto naturalmente protexido e desemboca no océano Atlántico, axudou ao crecemento da cidade e á súa importancia como cidade comercial. A maior parte de Nova York está construída sobre tres illas: Manhattan, Staten Island e Long Island, facendo que o terreo edificábel sexa escaso e xerando así unha alta densidade de poboación.
O río Hudson flúe a través do val homónimo até a baía de Nova York. Entre Nova York e a cidade de Troy, o río convértese nun estuario.[15] O Hudson separa a ciudad de Nova Jersey. O río Este (East River) flúe desde o estreito de Long Island e separa Bronx e Manhattan de Long Island. O río Harlem, entre os ríos Este e Hudson, separa Manhattan de Bronx.
O terreo da cidade foi alterada considerablemente pola intervención humana, varios terreos foron ganados aos ríos desde os tempos coloniais neerlandeses. Isto é máis notable no sur de Manhattan, onde se levaron a cabo planificacións como Battery Park City nos anos 1970 e 1980.[16] Algunhas das variacións na topografía foron niveladas, particularmente en Manhattan.[17]
A área da cidade é de 831,4 km².[18] O punto máis alto da ciudad é a colina Todt en Staten Island (124,9 metros sobre o nivel do mar). O cume está cuberto por bosques, posto que é parte do cinturón verde de Staten Island.[19]
Clima [editar]
A pesar de estar na mesma latitude que Galicia, moito máis cálida, Nova York ten un clima húmido continental, resultado dos constantes ventos que traen aire frío desde o interior do continente americano.[20] Nova York posúe invernos fríos, mais o emprazamento costeiro da urbe, mantén as temperaturas un pouco máis elevadas que nas rexións interiores, axudando a moderar a cantidade de neve, 63,5 a 88,9 cm ao ano de media.[20] A cidade ten un período temperado que dura un promedio de 199 días entre as xeadas estacionais.[20] A primavera e o outono son erráticos, e poden variar desde frío e nevado a cálido e húmido. O verán é temperado e húmido, con temperaturas de 30 °C ou máis cun promedio entre 18 e 25 días cada verán.[20]
En Nova York hai rexistros de furacáns, como o ocorrido en 1981 que inundou o sur de Manhattan, ou o de 1938 que matou a máis de 700 persoas, a maioría de elas na rexión de Nova Inglaterra; aínda que estes fenómenos atmosféricos son pouco frecuentes.
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima media (°C) | 3 | 4 | 10 | 15 | 21 | 26 | 29 | 28 | 24 | 18 | 12 | 6 |
|
| Temperatura mínima media (°C) | -4 | -3 | 1 | 6 | 12 | 17 | 20 | 19 | 15 | 10 | 5 | -1 |
|
| Precipitacións (mm) | 86 | 84 | 99 | 102 | 112 | 95 | 112 | 104 | 99 | 91 | 127 | 99 |
|
| Fonte: Weatherbase | |||||||||||||
Medio ambiente [editar]
O uso do transporte público en Nova York é o máis alto en Estados Unidos e o consumo de combustible está ao mesmo nivel que estaba a media nacional en 1920.[21] A densa poboación de Nova York e a baixa dependencia dos automóbiles axudaron a pór á cidade entre as máis eficientes consumidoras de enerxía do país.[22] As emisións de gas do efecto invernadoiro son relativamente baixas cando se miden per cápita, a 7,1 toneladas cúbicas por persoa, por debaixo da media estatal, de 24,5.[23] Os neoiorquinos son responsables do un por cento das emisións de gases de EUA,[23] a pesar de ser o 2,7% da poboación nacional. O neoiorquino promedio consome menos da metade da electricidade que un residente de San Francisco e case un cuarto da consumida por un residente de Dallas.[24]
Nos últimos anos, a cidade intentou reducir o seu impacto medioambiental. As grandes cantidades de contaminación en Nova York deron lugar a un alto índice de persoas enfermas de asma e outras doenzas respiratorias entre os seus habitantes.[25] Nova York conta ademais coa maior frota de autobuses híbridos ou equipados con gas natural comprimido do país[26] , como tamén algúns dos primeiros taxis híbridos[27].
Nova York abastécese de agua potable desde as montañas Catskill.[28] Como resultado desta orixe cun proceso de filtración natural, Nova York é unha das cinco principais cidades de Estados Unidos con auga potable suficientemente pura como para non necesitar un tratamento de purificación por medio de plantas de tratamento de auga.[29]
Demografía [editar]
|
|
Nova York é a cidade máis poboada dos Estados Unidos, cunha poboación no 2005 de 8.213.839 habitantes. Isto é arredor do 40% do total da poboación do estado e unha porcentaxe similar do total da súa rexión metropolitana. Durante a última década, a poboación da cidade aumentou, e os demógrafos estiman que no 2030 alcanzará un total de entre 9,2 e 9,5 millóns de persoas.[32].
As dúas características chave da demografía da cidade son a súa densidade de poboación e a súa diversidade cultural. Ten a densidade máis alta (10,194 hab/km²) de calquera municipalidade estadounidense cunha poboación de máis de 100.000.[33] A densidade do condado de Nova York (25,846 hab/km²) é a máis alta de todos os condados do país.[34]
No transcurso da historia neiorquina, a cidade foi un dos principais portos de entrada de inmigrantes; o termo melting pot acuñouse para describir os barrios de inmigrantes, densamente poboados, da Lower East Side. Na actualidade, o 36% dos habitantes da cidade naceron no estranxeiro,[35] cifra que no país só superan Os Ánxeles, California e Miami, Florida.[36] Non obstante, mentres que as comunidades inmigrantes das outras cidades son dominadas por unhas poucas nacionalidades, en Nova York ningunha nacionalidade ou rexión é predominante. Os dez principais países de orixe de inmigrantes son: a República Dominicana, China, Xamaica, Güiana, Paquistán, Ecuador, Haití, Trinidad e Tobago, Colombia e Rusia.[37] Na cidade fálanse uns 170 idiomas diferentes.[38]
A área metropolitana é lar da maior comunidade xudía fóra de Israel. De feito, a poboación xudía de Tel Aviv é superada en número pola de Nova York. Un 12% dos neoiorquinos son xudeus ou de ascendencia xudía.[39] É tamén fogar dun cuarto dos aboríxenes da nación,[40] e da comunidade negra máis grande de calquera cidade do país.
Os catro grupos étnicos máis importantes (con excepción dos caucásicos) da ciudad son: portorriqueños, italianos, dominicanos e chineses.[41] A poboación portorriqueña de Nova York é a máis grande fóra de Porto Rico.[42]
Nova York ten unha grande disparidade de ingresos. No 2005 o ingreso medio por fogar e na zona máis rica era de $188.697 anuais, mientras que nas zonas máis pobre era de $9.320.[43] A cidade tamén experimentou un baby boom. Desde o 2000, o número de nenos menores de cinco anos en Manhattan creceu un 32%.[44]
O 33% dos neoiorquinos son donos das propiedades nas que viven, unha cifra moito menor que a media nacional, do 69%.[45]
Cultura [editar]
Varios dos movementos culturais estadounidenses máis importantes comezaron na cidade, como o renacemento de Harlem, que introduciu a literatura afroamericana no país. A cidade foi o epicentro do jazz nos anos 40, do expresionismo abstracto nos anos 50 e a cuna da cultura hip hop nos anos 1970. A cidade tamén ten o seu papel na industria cinematográfica.
A cidade ten máis de 2.000 organizacións culturais e de artes e máis de 500 galerías de arte de distintos tamaños.[46]
Industriais adiñeirados do século XIX construíron unha rede de importantes institucións culturais, como o famoso Carnegie Hall e o Museo Metropolitano de Arte, que ganarían fama internacional. Coa chegada da luz eléctrica apareceron os teatros nas rúas de Broadway nos anos 80 do século XIX.
Medios de comunicación [editar]
Nova York é un centro neurálxico para as industrias da televisión, a publicidade, a música, o xornalismo e as publicacións literarias e editoriais. Dous dos tres diarios estadounidenses son neoiorquinos: The Wall Street Journal e The New York Times. El Diario La Prensa é o xornal en español máis importante e máis antigo do país.[47]. Tamén existe un diario dirixido ao público afroamericano, The New York Amsterdam News. Un terzo das películas independentes estadounidenses prodúcense en Nova York.[48] Máis de 200 periódicos e 350 revistas teñen unha oficina na cidade e a industria editorial emprega arredor de 25.000 persoas.[49]
As catro canles principais de televisión de Estados Unidos, ABC, CBS, FOX e NBC, teñen a súa sede en Nova York, así como tamén moitas canles de cable, como MTV, Fox News, HBO e Comedy Central.
Cidades irmandadas [editar]
Nova York está actualmente irmandada con dez cidades[50].
|
Notas [editar]
- ↑ Rankin, Rebecca B., Cleveland Rodgers (1948). New York: the World's Capital City, Its Development and Contributions to Progress. Harper.
- ↑ Modelo:Cita revista
- ↑ Homberger, Eric (2005). The Historical Atlas of New York City: A Visual Celebration of 400 Years of New York City's History. Owl Libros. pp. p. 34. ISBN 0805078428.
- ↑ ""Gotham Center for New York City History" Liña de tempo 1700-1800" (en inglés). http://www.gothamcenter.org. Consultado o 19-2-2008.
- ↑ Moore, Nathaniel Fish (1876). An Historical Sketch of Columbia College, in the City of New York, 1754-1876. Columbia College. pp. p. 8.
- ↑ "The People's Vote: President George Washington's First Inaugural Speech (1789)" U.S. News and World Report, 28-5-2007
- ↑ Bridges, William (1811). Map Of The City Of New York And Island Of Manhattan With Explanatory Remarks And References.; Lankevich (1998), pp. 67–68.
- ↑ Mushkat, Jerome Mushkat (1990). Fernando Wood: A Political Biography. Kent State University Press. pp. 36. ISBN 087338413X.
- ↑ Cook, Adrian (1974). The Armies of the Streets: The New York City Draft Riots of 1863. pp. pp. 193-195.
- ↑ The 100 Year Anniversary of the Consolidation of the 5 Boroughs into New York City, New York City. Consultado o 29 de xuño de 2007.
- ↑ Allen, Oliver E. (1993). "Chapter 9: The Decline". The Tiger – The Rise and Fall of Tammany Hall. Addison-Wesley Publishing Company.
- ↑ Burns, Ric (22-8-2003). "The Center of the World - New York: A Documentary Film (Transcript)". PBS. http://www.pbs.org/wgbh/amex/newyork/filmmore/pt.html. Consultado o 20-7-2006.
- ↑ "Rebuilding the WTC". Silverstein Properties. http://www.wtc.com/about/rebuilding-the-wtc. Consultado o 11-10-2007.
- ↑ Washington, D.C. está a unha distancia en estrada de Nova York de Modelo:Convert, mentras que Boston a Modelo:Convert. - Google Maps
- ↑ "Information about the Hudson River estuary" (en inglés). http://life.bio.sunysb.edu/marinebio/fc.1.estuaries.html.
- ↑ Gillespie, Angus K. (1999). Twin Towers: The Life of New York City's World Trade Center. Rutgers University Press. p. p. 71.
- ↑ Lopate, Phillip (2004). Waterfront: A Walk Around Manhattan. Anchor Press. ISBN 0385497148.
- ↑ "Land Use Facts". New York City Department of City Planning. http://home2.nyc.gov/html/dcp/html/landusefacts/landusefactshome.shtml. Consultado o 13-3-2007. A área total da cidade é de Modelo:Convert. Modelo:Convert de ela é auga e Modelo:Convert é terra.
- ↑ Howard, David (2002). Outside Magazine's Urban Adventure New York City. W. W. Norton & Company. pp. 35. ISBN 0393322122.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 "The Climate of New York". New York State Climate Office. http://nysc.eas.cornell.edu/climate_of_ny.html. Consultado o 27-3-2007.
- ↑ The Big Green Apple: Your Guide to Eco-Friendly Living in New York City. Globe Pequot Press. 2006. ISBN 0762738359.
- ↑ Owen, David (18 de outubro 2004). "Green Manhattan". The New Yorker.
- ↑ 23,0 23,1 "Inventory of New York City Greenhouse Gas Emissions" (PDF). New York City Office of Long-term Planning and Sustainability. abril 2007. http://www.nyc.gov/html/om/pdf/ccp_report041007.pdf. Consultado o 11-4-2007.
- ↑ "Global Warming and Greenhouse Gases". PlaNYC / The City of New York. 6-12-2006. http://www.nyc.gov/html/planyc2030/html/challenge/faq.shtml. Consultado o 13-12-2006.
- ↑ Modelo:Cita revista
- ↑ "A Century of Buses in New York City" (en inglés). Metropolitan Transportation Authority. http://www.mta.info/nyct/bus/centennial/page2.htm. Consultado o 17-11-2006.
- ↑ "New York City's Yellow Cabs Go Green" (en inglés). Sierra Club. 1 de xullo, 2005. http://www.sierraclub.org/pressroom/releases/pr2005-07-01a.asp. Consultado o 19-7-2006.
- ↑ "Current Reservoir Levels". New York City Department of Environmental Protection. http://www.nyc.gov/html/dep/html/maplevels.html.
- ↑ "New York City 2005 Drinking Water Supply and Quality Report" (en inglés) (PDF). New York City Department of Environmental Protection. 2005. http://www.nyc.gov/html/dep/pdf/wsstat05.pdf. Consultado o 17-7-2006.
- ↑ Campbell Gibson. "Population of the 100 Largest Cities and Other Urban Places in the United States:1790 to 1990". Bureau du recensement. http://www.census.gov/population/www/documentation/twps0027.html. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "2005 population estimate for New York city". Bureau du recensement. http://factfinder.census.gov/servlet/SAFFPopulation?_event=Search&geo_id=16000US3403940&_geoContext=01000US%7C04000US34%7C16000US3403940&_street=&_county=new+york+city&_cityTown=new+york+city&_state=04000US36&_zip=&_lang=en&_sse=on&ActiveGeoDiv=geoSelect&_useEV=&pctxt=fph&pgsl=160&_submenuId=population_0&ds_name=null&_ci_nbr=null&qr_name=null®=null%3Anull&_keyword=&_industry=Census. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "New York City Population Projections by Age/Sex and Borough, 2000-2030" (PDF). New York City Department of City Planning. Decembro 2006. http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/projections_report.pdf. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ United States -- Places and (in selected states) County Subdivisions with 50,000 or More Population; and for Puerto Rico, United States Census Bureau United States Census (2000). Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "Population Density", Geographic Information Systems - GIS of Interest. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "The Newest New Yorkers: 2000" (en inglés) (PDF). New York City Department of City Planning. 2005. http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_briefing_librolet.pdf. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ Censo 2000
- ↑ "Appendix Table 5-4: Ten Largest Sources of the Foreign-Born by County New York Metropolitan Region, 2000" (PDF). New York City Department of City Planning. 2005. http://home2.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_table_5_4.pdf. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "Queens: Economic Development and the State of the Borough Economy" (en inglés) (PDF). New York State Office of the State Comptroller. Xuño 2006. http://www.osc.state.ny.us/osdc/rpt3-2007queens.pdf. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "Jewish Community Study of New York" (PDF). United Jewish Appeal-Federation of New York. 2002. http://www.ujafedny.org/atf/cf/%7BAD848866-09C4-482C-9277-51A5D9CD6246%7D/JCommStudyIntro.pdf. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "Census Profile:New York City's Indian American Population" (PDF). Asian American Federation of New York. 2004. http://www.aafny.org/cic/briefs/indianamer.pdf. Consultado o 28-3-2007.
- ↑ "NYC2005 — Results from the 2005 American Community Survey : Socioeconomic Characteristics by Race/Hispanic Origin and Ancestry Group" (PDF). New York City Department of City Planning. 2005. http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/acs_socio_05_nyc.pdf. Consultado o 6 de agosto de 2010.; Population Division American Community Survey, New York City Department of City Planning
- ↑ Archive of the Mayor's Press Office, Mayor Giuliani Proclaims Puerto Rican Week in New York City, 9 de xuño de 1998.
- ↑ Roberts, Sam (9 de abril, 2005). In Manhattan, Poor Make 2 Cents for Each Dollar to the Rich. The New York Times. http://www.fiscalpolicy.org/SamRoberts4Sep05.htm.
- ↑ Roberts, Sam (27-3-2007) (en inglés). In Surge in Manhattan Toddlers, Rich White Families Lead Way. The New York Times. http://www.nytimes.com/2007/03/23/nyregion/23kid.html.
- ↑ Homeownership
- ↑ "Creative New York" (en lingua inglesa) (PDF). Center for an Urban Future. Decembro 2005. http://www.nycfuture.org/images_pdfs/pdfs/CREATIVE_NEW_YORK.pdf. Consultado o 20-2-2009.
- ↑ "el diario/La Prensa: The Nation's Oldest Spanish-Language Daily". New America Media. 27 de xullo de 2005. http://news.newamericamedia.org/news/view_article.html?article_id=e4526a43cc213775795cc84762fce768. Consultado o 9-6-2007.
- ↑ "Request for Expressions of Interest" (PDF). The Governors Island Preservation & Education Corporation. 2005. http://www.govisland.com/PDFs/RFEI/RFEI.pdf. Consultado o 26-3-2007.
- ↑ "Media and Entertainment" (en lingua inglesa). New York City Economic Development Corporation. http://www.nycedc.com/Web/NYCBusinessClimate/IndustryOverviews/MediaEntertainment/MediaEntertainment.htm. Consultado o 19-7-2006.
- ↑ The New York City Partners, do Concello de Nova York, sobre cidades irmandadas (en inglés).
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Lankevich, George L.. American Metropolis: A History of New York City. NYU Press. ISBN 0814751865.
- Edwin G. Burrows y Mike Wallace (1998), Gotham: A History of New York City to 1898, Oxford University Press.
- Anthony Burgess (1976). New York, Little, Brown & Co.
- Federal Writers' Project (1939). The WPA Guide to New York City, The New Press (reedición de 1995).
- Kenneth T. Jackson (ed.) (1995). The Encyclopedia of New York City, Yale University Press.
- Kenneth T. Jackson and David S. Dunbar (eds.) (2005), Empire City: New York Through the Centuries, Columbia University Press.
- E. B. White (1949). Here is New York, Little Bookroom (2000 reissue).
- Colson Whitehead (2003). The Colossus of New York: A City in 13 Parts, Doubleday.
- E. Porter Belden (1849). New York, Past, Present, and Future: Comprising a History of the City of New York, a Description of its Present Condition, and an Estimate of its Future Increase, New York, G.P. Putnam.
Ligazóns externas [editar]
- NYC.gov – Web oficial da Cidade de Nova York (en inglés).
| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago |
||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Nova York | Nova York | 8.274.527 | 11 | Detroit | Michigan | 916.952 | |||
| 2 | Os Ánxeles | California | 3.834.340 | 12 | Jacksonville | Florida | 805.605 | |||
| 3 | Chicago | Illinois | 2.836.658 | 13 | San Francisco | California | 799.183 | |||
| 4 | Houston | Texas | 2.208.180 | 14 | Indianapolis | Indiana | 795.458 | |||
| 5 | Phoenix | Arizona | 1.552.259 | 15 | Columbus | Ohio | 747.755 | |||
| 6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.449.634 | 16 | Austin | Texas | 743.074 | |||
| 7 | San Antonio | Texas | 1.328.984 | 17 | Fort Worth | Texas | 681.818 | |||
| 8 | San Diego | California | 1.266.731 | 18 | Memphis | Tennessee | 674.028 | |||
| 9 | Dallas | Texas | 1.240.499 | 19 | Charlotte | Carolina do Norte | 671.588 | |||
| 10 | San Jose | California | 939.899 | 20 | Baltimore | Maryland | 637.455 | |||
| Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000 | ||||||||||
|
||||||||||||||