Illa de Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa de Man - Ellan Vannin")

Coordenadas: 54°15′N 04°30′W / 54.250°N 4.500°W / 54.250; -4.500

Ellan Vannin
Isle of Man
Bandeira da Illa de Man Escudo da Illa de Man
Bandeira Escudo
Lema: Quocunque Jeceris Stabit
(latín: «Aló onde o tires quedará»)
Himno nacional: Arrane Ashoonagh dy Vannin
 
British Isles Isle of Man.svg
 
Capital
 • Poboación
Douglas - Doolish
30.422 (2008)
Cidade máis poboada Douglas - Doolish
Linguas oficiais
n/d

Forma de goberno Monarquía constitucional
Isabel II do Reino Unido
Adam Wood
Donald Gelling
Estatus
 • Autonomía
Dependencia da Coroa Británica
Dende 1765
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 194º
572 km²
n/d
0 km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

80.049 (xullo de 2008)
131 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Libra manesa (£)
Xentilicio manx
Fuso horario UTC+1
Dominio de Internet .im
Prefixo telefónico +44-16241
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 833 / IMN / IM

1 Código rexional no Reino Unido: 1624.

Tódolos países do mundo

A Illa de Man (Isle of Man, en inglés; Ellan Vannin en manx), localizada no Mar de Irlanda entre Inglaterra, Escocia, Gales, e Irlanda, é unha Dependencia da Coroa Británica, pero en termos formais non pertence ó Reino Unido nin á Unión Europea (UE).

Índice

Historia[editar]

Matrícula dun automóbil da illa de Man.
Artigo principal: Historia da Illa de Man.

A Illa de Man formou un posto avanzado do reino viquingo dende arredor do ano 900 d.d.C e parte do reino noruegués das Hébridas até o século XIII, momento en que pasou a ser administrada pola coroa escocesa. No século XIV foi transferida ó control inglés e á Coroa Británica en 1765.

Unha das actuais inquedanzas da illa inclúe resucitar o unha vez case extinto manx e a recente e significativa inmigración de persoas de procedencia non manesa que presta servizos no sector financeiro.

O período celta[editar]

Ruínas da Catedral de San Xermán na illa San Patricio.

O asentamento dos pobos celtas remóntase cara ao 500 a.C.. A lingua manesa, pertencente á póla céltica, comezará a pasar dun dialecto a unha lingua propia só a partir do século V .

O cristianismo foi importado á Illa de Man polo predicador irlandés San Patricio, con el chegaron despois moitos misioneiros de países celtas, e de Irlanda en particular, a efectuar misións cristiás a partir do ano 500 dc, nun territorio aínda moi sometido á influencia dos druídas.

Estes misioneiros contribuíron á edificación de pequenas capelas nas que pregaban. Pero a falta de espazo obrigaba a practicar os bautismos e a predicación a ceo aberto.

Áchanse sobre a illa 35 cruces celtas (chamadas keeills), pero existían alí canto menos 174 polo que citan documentos antigos . Estas cruces foron xeralmente erixidas sobre monumentos funerarios. As numerosas igrexas e as capelas foron edificadas sobre o emprazamento de keeills.

Goberno e política[editar]

O soberano da Illa de Man é o Rei de Gran Bretaña en calidade de Señor de Man (actualmente a raíña Sabela II). Represéntaa na illa un Gobernador Xeral, que é elixido pola Coroa por un período de cinco anos. A illa de Man goza dun goberno, un parlamento e un sistema xudicial totalmente independente do británico. Porén, os cidadáns de Man son cidadáns británicos.

A Coroa inglesa ten a responsabilidade última da dirección da administración da illa de Man, para o cal sérvese dos membros do Goberno británico, os cales actúan -nestes asuntos- en calidade de conselleiros da Raíña.

Aínda que o sistema xurídico británico non abrangue a illa de Man, o sistema legal de Man baséase nos principios do dereito común inglés.

Organización político-administrativa[editar]

Mapa dos "sheadings" da illa de Man.

A Illa de Man está dividida en seis distritos administrativos, chamados "sheadings". Os seis "sheadings" son Ayre, Glenfaba, Garff, Michael, Rushen e Middle. Os "sheadings" forman a base dalgúns distritos electorais e cada un ten un "coroner". Este oficio non debe ser confundido co de "xuíz de instrución" (en inglés tamén coroner), un cargo desempeñado habitualmente polo Grande Alguacil. Unha persoa pode desempeñar o papel de "coroner" en máis dun "sheading" ao mesmo tempo.

O termo 'sheading' suponse un vocábulo nórdico para 'división naval'; cada distrito estaba responsabilizado de producir un número concreto de barcos de guerra. Tamén pode ser unha palabra de orixe celta significando 'sexta parte'.

Xeografía[editar]

Mapa da Illa de Man.

O monte Snaefell (621 m), domina o centro da illa desde o seu cumio e, segundo un antigo dito popular, pódense ver sete reinos: os Reinos de Man, Escocia, Inglaterra, Irlanda, Gales, a Illa de Man e o Ceo.

Demografía[editar]

De acordo co censo do 2001, a Illa de Man é fogar de 76,315 persoas, dos cales aproximadamente 25,347 residen na capital da illa, Douglas (Doolish). Isto fai que a illa teña unha densidade de poboación de 133 hab/km².

Cultura[editar]

A cultura da illa de Man está fortemente influenciada polas súas orixes célticas e nórdicas. Está actualmente gozando dun renacer do idioma gaélico autóctono ( o manx ) (Gaelg). Aínda que o derradeiro falante nativo morreu en 1974, cos nenos pequenos está volvéndose a empregar o manx. Hai hoxe 27 falantes nativos e outros 650 falantes. O manx está estreitamente relacionado co Gaélico escocés e o Irlandés. Unha amplamente coñecida expresión manesa é "Traa Dy Liooar", que significa "o tempo basta" e representa un esteorotípico aspecto da actitude dos maneses ante a vida.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]