Illa de Lewis
- Para outros usos de Lewis véxase Lewis (homónimos)
| Illa de Lewis | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Stornoway |
| País | Reino Unido |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Hébridas |
| Linguas | Ingles, gaélico escocés |
| Poboación (2001) | 18.489 hab. |
| Superficie | 1.769 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 58°13′12.59″N 6°22′58.84″W / 58.2201639°N 6.3830111°WCoordenadas: 58°13′12.59″N 6°22′58.84″W / 58.2201639°N 6.3830111°W |
| Maior Altura | 575 m. Mealasbhal |
| Localización | |
A illa de Lewis (Leòdhas en gaélico escocés), é a parte setentrional da illa máis grande das illas Hébridas de Fóra, o maior dos arquipélagos escoceses. A parte meridional da illa chámase Harris (Na Hearadh). Os dous nomes con todo refírense as dúas partes da mesma illa. Lewis é tamén a parte máis baixa da illa.
Índice |
Xeografía [editar]
A cidade principal de Lewis, a única cidade das Hébridas de Fóra, é Stornoway (Steòrnabhagh), pola que se cruza a Ullapool xa na Escocia británica. No censo de 2001 Lewis tiña unha poboación xeralmente residente de 16.872 habitantes.
Relixión [editar]
A relixión é importante en Lewis, e a maior parte da poboación pertence á Igrexa Libre de Escocia e á Igrexa de Escocia (ambas as dúas presbiterianas. O Sabbath (ou sexa, o domingo) obsérvase xeralmente coa maioría das tendas e servizos pechados, o que non é frecuente no Reino Unido, se ben algunhas comunicacións co resto de Escocia se seguen mantendo. Tamén existen templos católicos, mormóns e das Testemuñas de Xehová.
Lingua [editar]
Como en todas as Hébridas de Fóra, son oficiais administrativamente o inglés e o gaélico escocés, que é ademais unha das linguas de tradición histórica na comunidade, a canda o nórdico, xa extinto. Porén, tanto o antigo nórdico coma o gaélico teñen influído moito na fala inglesa, e por veces a lingua inglesa de Lewis soa máis a inglés de Irlanda que ao que habitualmente se escoita en Escocia. O 60% dos habitantes de Lewis falan o gaélico, mentres que un 70% poden lelo, escribilo ou entendelo.
Sitios históricos [editar]
A illa de Lewis ten unha variedade de localizacións do interese histórico e arqueolóxico incluíndo:
- Pedrafitas de Callanish;
- Carloway Dun Broch;
- As casas negras de Garenin (Na Gearannan), preto de Carloway e a casa negra en Arnol;
- Igrexa de San Columba en Aignish;
- Teampull Mholuaidh en Ness;
- Castelo de Lews;
- Dùn Èistean.