Illa de Iwo To
| Iwo To | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Xapón | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | Non permanente | ||||
| Superficie | 21 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 24°47′N 141°19′E / 24.783°N 141.317°E | ||||
| Maior Altura | 166 m. Monte Suribachi | ||||
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Iwō tō (en xaponés 硫黄島 Iō-tō, «illa do xofre»), chamada ata xuño de 2007 Iwo Jima, é unha illa xaponesa de orixe volcánico, que forma parte das Illas Ogasawara. Está situada 104 quilómetros ao sur da costa de Tokio, de 7,2 km de lonxitude por 4 quilómetros de ancho, e 21 quilómetros cadrados (24.78°N, 141.32°E). Nela atópase o volcán Suribachi.
Administrativamente está pertencente ó concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Tōkyō en Xapón. Actualmente na illa están bases da Forza Marítima de Autodefensa do Xapón e da Forza Aérea de Autodefensa do Xapón.
Índice |
Historia[editar]
A illa foi descuberta en 1543 por Bernardo de la Torre a bordo da nave San Juan de Letrán. Cara a 1887, Xapón fai unha viaxe de investigación e non é até 1889 cando chegan os primeiros habitantes a ocupala, formalmente uníndoa á prefectura de Toquio en 1891. Para 1943 xa existían cerca de 1.100 civís xaponeses establecidos na illa. A maioría deles eran tamén empregados da cana de azucre localizada na parte nordeste da illa, ou da mina de sulfuro e refinería localizada na mesma área. Os habitantes de Iwo Jima vivían nun dos cinco establecementos, distribuídos na metade norte da illa. O establecemento que se encontraba máis ao norte era Kita (literalmente "Norte"), localizado na parte norte central de Iwo. A aldea de Nishi ("Oeste") estaba situada na parte noroeste da illa, mentres que Motoyama, a área urbanizada máis grande en Iwo, estaba situada cerca das proximidades da mina e refinería de sulfuro. As dúas aldeas restantes, Higashi ("Leste") e Minami ("Sur"), estaban achantadas na parte nordeste da illa.
Na Segunda Guerra Mundial foi o escenario dunha das batallas mais sanguentas da guerra entre febreiro e marzo de 1945, a chamada Batalla de Iwo Jima, ao existir nela dous aeródromos que foron un importante obxectivo para o exercito estadounidense na guerra contra o Xapón. En xuño de 2007 os seus habitantes decidiron recuperar o nome tradicional da illa, Iwo To, que ten o mesmo significado ca Iwo Jima.[1]