Honshu
| Honshu - 本州 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
![]() |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | Tokyo | ||||
| País | Xapón | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | 102.324.971 hab. | ||||
| Superficie | 230 500 km² | ||||
| Densidade | 442´79 hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 36°N 138°E / 36°N 138°E | ||||
| Maior Altura | 3.776 m. Monte Fuji | ||||
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, un parte de Hondo. Limita ao norte coa illa de Hokkaidō polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo Mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.
A illa mide uns 1300 km de longo e entre 50 e 230 km de ancho, e a súa área total é de 230.500 km², ao redor do 60% da área total de Xapón. Ten 5450 km de costa. É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923. O pico máis alto é o monte Fuji, con 3776 m. Hai moitos ríos, como o Shinano, o máis longo de Xapón e o río Tone, o máis grande de conca. O clima é moi variable, cun norte frío e un sur subtropical.
A poboación de Honshū é de 98.352.000 habitantes (1990) (89.101.702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Quioto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.
As rexións e prefecturas son:
- Chūbu (centro) - Aichi-ken, Fukui-ken, Gifu-ken, Ishikawa-ken, Nagano-ken, Niigata-ken, Toyama-ken, Shizuoka-ken, Yamanashi-ken.
- Chuugoku (suroeste) - Hiroxima-ken, Okayama-ken, Shimane-ken, Tottori-ken, Yamaguchi-ken.
- Kantō (este) - Chiba-ken, Gunma-ken, Ibaraki-ken, Kanagawa-ken, Saitama-ken, Tochigi-ken, Tōkyō-to.
- Kinki(Kansai) (sur, aínda que ao norte de Chūgoku) - Hyōgo-ken, Kyōto-fu, Mie-ken, Nara-ken, Ōsaka-fu, Shiga-ken, Wakayama-ken.
- Tōhoku (norte) - Akita-ken, Aomori-ken, Fukushima-ken, Iwate-ken, Miyagi-ken, Yamagata-ken.
Honshū está unida ás demais illas de Xapón por túneis ou pontes
- Coa illa de Hokkaidō por Túnel de Seikan.
- Coa illa de Kyushu por Túnel de Kanmon (hai 3 túnel, un para coche e dous para ferrocarrís) e Ponte de Estreito de Kanmon.
- Coa illa de Shikoku, hai 3 rutas, ruta de Akashi-Naruto, ruta de Kojima-Sakaide e Onomichi-Imabari.
- Ruta de Akashi-Naruto
- Ruta de Kojima-Sakaide
- Ruta de Onomichi-Imabari
