Illa de Emirau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emirau / Emira
Vista da illa
Landsat-emirau-island-adjusted.png
Datos
Capital
País Papúa Nova Guinea
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Arquipélago Bismarck
Linguas Mussau-Emira
Poboación (2010)
Superficie
Densidade
Coordenadas 1°38.5′S 149°58.5′E / 1.6417°S 149.9750°E / -1.6417; 149.9750Coordenadas: 1°38.5′S 149°58.5′E / 1.6417°S 149.9750°E / -1.6417; 149.9750
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

Emirau, tamén chamada Emira, é unha illa do grupo das illas Mussau no Arquipélago Bismarck. Na actualidade, forma parte da Provincia de Nova Irlanda en Papúa Nova Guinea.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O idioma local é un dialecto da lingua Mussau-Emira. A primeira visita dun occidental foi durante a viaxe de exploración do Roebuck dirixida por William Dampier en 1699 que a chamou Squally Island, illa chuvascos, un nome que aínda se atopan nalgúns primeiros documentos. Tamén foron avistadas en xaneiro de 1781 polo navegante galego Francisco Mourelle de la Rúa que a chamou Ermitaño.

Emirau era parte da Nova Guinea Alemá antes da Primeira Guerra Mundial, onde os colonizadores estableceran unha plantación. A principios da Segunda Guerra Mundial os alemáns deixaron na illa 500 prisioneiros capturados polos buques alemáns que operaban no océano Pacífico que posteriormente rescataron as autoridades australianas. Os xaponeses estableceron na illa postos para vixías pero para xaneiro de 1944 non quedaba ningún [1].

O 14 de marzo 1944[2], o Mando Aliado decidiu aproveitar a illa para continuar a súa estratexia para neutralizar a importante base militar xaponesa de Rabaul, ocupándoa o 20 de marzo. A forza expedicionaria, pertencente ao 4º Rexemento de Marines[3], atopouse cun grupo de sete misioneiros Adventistas do Sétimo día sen atoparen resistencia ningunha, nin xaponeses no lugar. Os estadounidenses construíron unha pista de aterraxe así como un cemiterio militar, que se desmantelou a finais da guerra.

Notas[editar | editar a fonte]