Illa de El Fraile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Fraile é unha illa española, escarpada e pedregosa de 6'3 hectáreas de superficie situada ao leste de Águilas (Murcia). É desértica en canto a vexetación, pero posúe un dos fondos mariños máis ricos do sueste peninsular, especialmente debido ás súas algas. É lugar de paso e avistamento de golfiños e posúe unha importante colonia de gaivotas. Recibe o seu nome pola súa escarpada silueta, que se asemella á capucha dun frade. Foi declarada Espazo Natural Protexido.