Illa Wellington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wellington
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Localización da illa Wellington
[[]]
Datos
Capital Puerto Edén
País Chile
Linguas
Poboación (2007) 250 hab.
Superficie 5.566 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 49°22′15″S 74°55′35″W / 49.37083°S 74.92639°W / -49.37083; -74.92639
Maior Altura 1.046 m. Monte Nuestra Señora

A illa Wellington (coordenadas: 49°22′15″S 74°55′35″W / 49.37083°S 74.92639°W / -49.37083; -74.92639) é unha das illas máis grandes do sur de Chile, situada fronte aos Campos de Xeo Sur, na provincia de Última Esperanza, XII Rexión de Magalláns e da Antártica Chilena. Ten unha superficie de 5.566 km², e a maior parte pertence ao Parque Nacional Bernardo O'Higgins. Está separada do continente polo canle Messier e da illa Nai de Deus pola canle Trindade.

Na illa Wellington habitan os últimos vestixios do pobo kawésqar (ou alacalufe), sobre todo na localidade de Porto Edén, o único poboado da illa.

A illa, do mesmo xeito que a capital de Nova Zelandia, recibiu o seu nome en honra de Arthur Wellesley, primeiro duque de Wellington, vencedor da Batalla de Waterloo. O nome orixinal de Wellington vén da poboación inglesa de Wellington, no condado de Somerset