Illa Vaitupu
| Vaitupu | |
|---|---|
| Localización | |
![]() |
|
| Datos | |
| País | Tuvalu |
| Illa principal | Vaitupu |
| Linguas | Tuvaluano e inglés |
| Poboación (2002) | 1.591 hab. |
| Superficie | 4,3 km² |
| Superficie lagoa | 1,3 km² |
| Nº de illas | 9 |
| Coordenadas | 7°28′S 178°41′E / 7.467°S 178.683°E |
| Maior Altura | |
Vaitupu é a illa máis grande da pacífica nación de Tuvalu. Está situado a 7,48 graos sur e 178,83 graos oeste. A capital é Asau.
Índice |
Poboación [editar]
Vaitupu ten a segunda maior poboación de Tuvalu, censada en 1.591 habitantes (censo de 2002). Chegan 600 estudantes de idades entre 13 e 21 de todo o arquipélago para asistir á única escola secundaria do país, Motufoua. A pesar do seu relativamente gran tamaño, a illa ateigouse durante os anos 40 polo que varias familias emigraron a Fidxi.
Contexto xeográfico [editar]
A illa, que cobre aproximadamente 5.6 quilómetros cadrados, inclúe pantanos, mangles, un filón coralino e unha lagoa grande. A segunda illa en extensión é Tofia
Illas [editar]
O atol de Vaitupu consiste polo menos en 9 illas, que son:
- Luasamotu
- Mosana (grupo de 2)
- Motutanifa
- Temotu
- Te Motu Olepa
- Tofia
- Vaitupu
- E polo menos outra illa
- Hai polo menos 1 illa habitada, Vaitupu.
- A maior illa é naturalmente Vaitupu, seguida por Tofia.
Equipamentos [editar]
A única aldea en Vaitupu consiste nas veciñanzas Tumaseu e Asau. Hai unha igrexa, unha escola primaria, polo menos unha pensión e unha oficina de correos. A escola secundaria (Motufoua) está a menos de 2 quilómetros, e o hospital preto de 1 quilómetro.
Accesos [editar]
Hoxe, a Vaitupu pódese chegar por barco privado ou co servizo do Nivaga II, barco operado polo goberno que cobre a distancia entre Vaitupu e Funafuti regularmente.
