Illa St. Lawrence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa St. Lawrence
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
MarMar de Bering
Coordenadas63°24′54.19″N 170°23′57.56″O / 63.4150528, -170.3993222Coordenadas: 63°24′54.19″N 170°23′57.56″O / 63.4150528, -170.3993222
Xeografía
Superficie5.135 (outras fontes 4.640,1) km²
Longura máxima140 km.
Largura máxima35 km.
Punto máis alto631 m Monte Atok
Demografía
CapitalGambell (682 hab.)
Poboación1.353 (2015)

A Illa St. Lawrence (iupik: Sivuqaq) está situada ao oeste do territorio continental de Alasca no mar de Bering, ao sur do Estreito de Bering. É parte de Alasca, pero está máis preto de Rusia que da parte continental de Alasca. A illa San Lorenzo, considérase unha das últimas porcións emerxidas da ponte de terra que unha vez uniu a Asia con América do Norte durante o período Plistoceno.

Xeografía[editar | editar a fonte]

No censo do 2000 había 1.292 persoas que viven nunha superficie de 4.640,12 km². A illa ten uns 145 km de longo e 13-36 quilómetros de ancho. A illa non ten árbores, e as únicas plantas leñosas son Salgueiros do Ártico, de non teñen máis de 30 cm de altura.

A abundancia na illa de ave mariñas e de mamíferos mariños débese en gran parte á influencia da corrente Anadyr, unha corrente oceánica fría que trae, unha auga rica en nutrientes das augas profundas do Mar de Bering.

Ao sur da illa formase unha polínia persistente, cando os ventos do norte e leste empurran o xeo á deriva lonxe da costa.

Historia[editar | editar a fonte]

Foron atopadas pegadas da ocupación da illa de hai 2.000 anos, que consiste en obxectos de estilo Okvik. A ocupación da illa non foi continua, e a análise dos esqueletos mostra períodos de fame. A illa serviu de base regular para a caza.

Orixinalmente, a illa chamábase Sivuqaq polo pobo iupik que nel habitan. Con todo, cando o explorador danés ao servizo dos Tsares rusos, a visitou o 10 de agosto de 1728, día de San Lorenzo, pasou a ser coñecida polo nome actual, de acordo co mito do santo cristián. Crese que a illa foi a primeira en ser explorada polos europeos na rexión de Alasca.

O reno introduciuse na illa en 1900 para mellorar a economía local. A manda chegou a 10.000 cabezas en 1917, pero desde entón diminuíu. Hoxe en día, os renos son criados pola súa carne.

Aldeas[editar | editar a fonte]

A illa na actualidade consta de dúas aldeas: Savoonga e Gambell. Aos dous pobos déuselles a propiedade da maior parte da terra na illa de San Lorenzo. Como resultado de ter a propiedade da terra, os iupik son xuridicamente capaces de vender o marfil fósil e outros obxectos atopados na illa de San Lorenzo.

A illa está habitada principalmente por iupik que se dedicaban á caza, a pesca e a cría de renos. Os iupik da illa de St. Lawrence tamén son coñecidos pola súa habilidade na talla, na súa maioría con materiais de mamíferos mariños (marfil de morsa e o óso de balea).

Cabo Nordés e a contaminación por PCB[editar | editar a fonte]

A ex base da Forza Aérea na illa San Lorenzo

Northeast Cape Air Force Station (AFS) foi unha base Forza Aérea dos Estados Unidos. Operou desde 1952 ata aproximadamente 1972. Na zona que rodea a base houbo durante séculos un campamento tradicional de varias familias iupik. Logo de que a base fose pechada na década de 1970, moitas destas persoas comezaron a experimentar problemas de saúde. Ata hoxe en día, as persoas que creceron alí teñen altos índices de cancro e outras enfermidades, posiblemente debido á exposición ao PCB do lugar.