Illa Spaatz
| Illa Spaatz | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| [[Ficheiro:|330px|]] | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Antártida |
| Localización | Océano Antártico |
| Arquipélago | |
| Linguas | [[]] |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 4.100 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 73°00′S 75°00′W / 73°S 75°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
A illa Spaatz é unha illa cuberta polo xeo, na Antártida. Está situada a 73°00′S 75°00′W / 73°S 75°W ao suroeste da Illa Alexandre I e ao oeste da base da península Antártica, preto da costa da Terra de Ellsworth e a 30 millas ao leste da illa Smyley.
Ten 50 millas de longo por 25 millas de ancho e cobre un área de ao redor de 4.100 km². O lado norte da illa linda coa entrada de Ronne; o resto da illa está rodeada polo xeo agás o estreito de Stange e o estreito de Xurxo VI.
Finn Ronne e Carl Eklund do Servizo Estadounidense do Antártico (USAS) (1939-1941) exploraron o lado norte deste espazo xeográfico en decembro de 1940. Foi fotografada desde o aire e trazado o primeiro mapa da illa pola Expedición de Investigación do Antártico de Ronne (1947-1948) dirixida por Finn Ronne. Foi chamada así por Ronne en honra ao xeneral Carl Spaatz, Xefe de Persoal da USAAF, quen deu a axuda aérea para a asistencia da expedición.
Reclamacións territoriais [editar]
Chile inclúe á illa na Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico, pero ambas reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.
Nomenclatura dos países reclamantes:
- Chile: ?
- Reino Unido: Spaatz Island