Illa Robinson Crusoe
| Robinson Crusoe | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | San Juan Bautista | ||||
| País | Chile | ||||
| Linguas | Español | ||||
| Poboación (2002) | 630 hab. | ||||
| Superficie | 96´4 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 33°38′00″S 78°49′00″W / 33.6333333°S 78.8166667°W | ||||
| Maior Altura | El Yunque, 916 m. | ||||
A Illa Robinson Crusoe (33°38′00″S 78°49′00″W / 33.6333333°S 78.8166667°W), antigamente chamada Más a Tierra ou Más Atierra, forma parte do arquipélago chileno de Juan Fernández.
Características [editar]
Ten 96,4 km² e a súa poboación foi de 488 habitantes no Censo de 1992, mentres no Censo de 2002, o número de habitantes aumentou a 630, maiormente concentrada no poboado de San Juan Bautista na Baía Cumberland, fundado en 1877 polo barón Alfredo Van Rodt.
Despois do desastre de Rancagua en 1814, a illa serviu de prisión para os patriotas (Juan Egaña e outros) na chamada Cova dos Patriotas (Monumento Histórico desde 1979, situada en San Juan Bautista). Con iguais propósitos foi usada a illa durante o primeiro goberno de Carlos Ibáñez del Campo (1927-1931).
A principal actividade económica é a pesca da lagosta mariña (a Lagosta de Juan Fernández). A súa poboación está diminuíndo; principalmente novos que emigran ao continente (Chile) para obter mellores oportunidades e unha vida menos illada.