Illa Revillagigedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Revillagigedo
Vista da illa
Alexander archipelago.jpg
Datos
Capital Ketchikan
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Alexander
Linguas
Poboación (2000) 13950 hab.
Superficie 2.754´8 km²
Densidade
Coordenadas 55°35′N 131°22′W / 55.583°N 131.367°W / 55.583; -131.367
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

A illa Revillagigedo é unha das principais illas do arquipélago Alexander, pertencente ao Ketchikan Gateway Borough, na rexión sueste do estado de Alaska, nos Estados Unidos. Ten unha superficie de 2.754´8 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista de Ketchikan, a principal cidade e a illa.

A illa Revillagigedo está separada da parte continental de Alaska, ao leste, pola canle de Behm; da Illa Príncipe de Gales, ao oeste, polas augas do estreito Clarence; da illa Annette, ao sur, pola canle de Revillagigedo e a pasaxe Nichols. Ten unha lonxitude duns 89 quilómetros, en dirección aproximada norte-sur e unha anchura duns 48 km, este-oeste.

A poboación da illa era de 13.950 persoas no censo de 2000. As únicas cidades da illa son Ketchikan (7.368 hab. en 2007) e Saxman (431 hab.). As principais industrias son a pesca, consérvas, o corte de árbores e o turismo. Ademais das cidades fixas, hai varios barcos factorias destas comunidades que se moven cerca. Estes serven ao desconectado sistema de camiños forestais que salpican a illa.

Os residentes da illa non utilizan o nome completo de «Revillagigedo» e chámana simplemente «Revilla» (pronunciado:/rəˈvɪlə/).

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi explorada polos exploradores rusos, británicos e españois no século XVIII e foi nomeada por estes últimos en honra de Juan Vicente de Güemes Pacheco y Padilla, 2 º Conde de Revillagigedo, entón vicerrei de México, en 1793.


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]