Illa Rei Xurxo
| Rei Xurxo | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Antártida | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | Non permanente | ||||
| Superficie | 1 150 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 62°23′S 58°27′W / 62.383°S 58.45°W | ||||
| Maior Altura | |||||
A illa Rei Jorge, chamada polos arxentinos illa 25 de Maio e polos rusos illa Waterloo (en ruso: остров Ватерлоо), é a maior das Illas Shetland do Sur na Antártida.
Máis do 90% da superficie é xeo. O angosto Estreito Fildes sepáraa da illa Nelson, ao suroeste.
A illa que forma parte do arquipélago das Shetland do Sur, é reclamada por Chile como parte da Antártica Chilena. Para o Reino Unido forma parte do Territorio Antártico Británico. Para a República Arxentina a illa é parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur, pero todas estas reclamacións atópanse suspendidas en viertud do Tratado Antártico.
Conta con 3 grandes baías: Baía Fildes (Baía Maxwell), Baía Almirantazgo e Baía Rei Xurxo.
No extremo oeste da illa atópase a Península Fildes, onde se emprazan as bases Gran muralla, Escudero, Frei, Bellingshausen e Artigas.
Descuberta polo explorador británico William Smith (mariño) en 1819. En 1821 11 homes do barco foqueiro Lord Melville foron os primeiros en sobrevivir ao inverno antártico.
Hoxe é a illa que concentra maior cantidade de bases da Antártida. A maior é a Base Frei (Chile), que inclúe un importante aeródromo e o poboado civil de Vila As Estrelas. Outras bases son Escudero (Chile), Bellingshausen (Rusia), Gran Muralla (China), King Sejong (Corea do Sur), Jubany (Arxentina), Arctowsky (Polonia), Machu Picchu (Perú), Artigas (Uruguai), e Comandante Ferraz (Brasil).
Preto da base rusa Bellingshausen atópase a Igrexa da Santa Trindade, a igrexa ortodoxa rusa que máis cerca está do Polo Sur, e unha das poucas estruturas permanentes da Antártida.
Na fauna cóntanse: o pingüín papúa (Pygoscelis papua), o pingüín barbijo (Pygoscelis antarctica), a foca de weddell (Leptonychotes weddelli), a foca leopardo (Hydrurga leptonyx), o elefante mariño do sur (Mirounga leonina).
