Illa Real
| Illa Real | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Illas da Salvación |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 0´28 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | |
| Maior Altura | 66 m. |
| Localización | |
![]() |
|
A île Royale, que se traduciría a galego como Illa Real, é unha das illas da costa de Güiana. Ela e as outras dúas illas dependen da cidade de Cayena, pero en realidade están máis preto de Kourou e son visibles desde a súa praia.
Historia e características[editar]
A Lei de 31 de marzo de 1931 fixo da Illa Real un lugar de deportación simple, e a Illa do Diaño foi utilizada para a deportación fortificada (como a distinción establecida pola lei de xuño 1850). Hoxe en día, hai unha igrexa, un mesón (anteriormente a casa do director da prisión, na parte superior da illa), un museo e un posto de policía na illa.
O Centro espacial de Kourou, propietario da illa, instalou en 1968, un cinéthéodolithe, sistema óptico de seguimento e de observación de lanzadeiras, substituído desde 1995 por un cinétélescope. O CSG tamén está involucrado na restauración dos restos da prisión.
As illas son evacuadas durante os lanzamentos, xa que están por baixo das rutas tomadas polos foguetes espaciais.
