Illa Raiatea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raiatea
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°44′S 151°27′O / -16.733, -151.450Coordenadas: 16°44′S 151°27′O / -16.733, -151.450
Xeografía
Superficie194 km²
Longura máxima20 km.
Largura máxima14 km.
Punto máis alto1.062 m Mont Toomaru
Demografía
CapitalUturoa
Poboación12.545[1] (2007)
Densidade72 hab./km²
O marae Taputapu´tea de Raiatea cun tiki.

Raaiatea (en tahitiano Ra'iātea) é unha illa das illas de Sotavento, no arquipélago das Illas da Sociedade na Polinesia Francesa. Está situada a 210 km ao oeste de Tahití, entre Huahine, que se atopa a 40 km, e Bora Bora.

Situado na costa sur atópase o histórico marae de Taputapuatea que foi construído no 1000AD.

A localidade principal de a'iātea é 'Uturoa, o centro administrativo das Illas de Sotavento (Francés Îles Sous-le-vent). Tamén hai colexios que serven como o principal centro educativo de secundaria para os estudantes das illas da rexión Bora Bora, Taha'a, Huahine e Maupiti.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Marae Taputapuatea, un antigo marae mencionado nas tradicións dos pobos da Polinesia, incluíndo, por exemplo, os maorís de Nova Zelandia, que consideran este lugar como un marae sagrado dos seus antepasados. Aquí é onde a viaxe da canoa hawaiana Hokule'a chegou na súa primeira viaxe en 1976.

A ortografía do nome no tahitiano é Ra'iātea, que significa ceo brillante. Ulieta é unha obsoleta transcrición comunmente utilizada no século XIX.

O extinto paxaro Ulieta era orixinario desta illa, xunto con outras especies descoñecidas. Só existe no mundo un debuxo desta ave, no Museo de Historia Natural de Londres.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cunha superficie total de 167,7 km² é a segunda illa máis grande do arquipélago, logo de Tahití. Un arrecife de coral rodea ao mesmo tempo as illas de Raiatea e Tahaa compartindo a mesma lagoa. A altitude máxima é de 1.017 m no monte Tefatoaiti. Na cadea montañosa da illa, Temehani, atópase unha flor única, endémica e símbolo da illa, a tiare apetahi. Trátase dunha gardenia branca de cinco pétalos en forma de man que se abre de madrugada cun ruído característico.

A poboación total era de 12.545 habitantes no censo do 2007, distribuída en tres comunas: Uturoa (a capital), Taputapuatea e Tumara´a. Uturoa é, ademais, a capital administrativa das illas de Sotavento e o segundo centro urbano da Polinesia Francesa con preto de 10.000 habitantes, logo de Papeete.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigamente a illa chamábase Havai´i, nome sacro na cultura polinesia e relacionado cos nomes de Hawai; Savai'i, en Samoa; e Havaiki, antigo nome de Fakarava nas Tuamotu. Situada no centro do triángulo cultural da Polinesia, foi o punto de partida da última onda migratoria, notablemente a Nova Zelandia e Hawa. Nas illas da Sociedade exerceu unha grande influencia relixiosa e cultural. O gran templo (en tahitiano marae) de Taputapuatea, dedicado ao deus Oro, era o centro relixioso máis importante das illas. O seu culto suplantou ao doutros deuses tradicionais como Taaroa e Tane, e os diferentes marae eran subsidiarios do de Taputapuatea. Ao redor seu formouse a seita arioi, mestura relixiosa, aristocrática, guerreira e festiva, que era respectada en todas as illas e conseguía, só coa súa presenza e o seu carácter de tabú, unha tregua nas guerras tribais.

Raiatea foi explorada polo inglés James Cook en 1769, que transcribiu o seu nome como Ulietea, nome que foi utilizado durante anos. Para Domingo Bonaechea (1775) foi A Princesa. Hoxe en día coñécella co sobrenome de «a illa sacra».

O primeiro europeo en rexistrar o avistamento de Raiatea foi Pedro Fernández de Quirós en 1606, bautizándoa como Fugitiva.[2] O navegante polinesio, Tupaia, que navegou co explorador James Cook, naceu en Ra'iatea ao redor de 1725. Omai (c.1751-1780), outro mozo de Ra'iatea, viaxou cos exploradores europeos a Londres en 1774 e tamén serviu como intérprete para o capitán Cook na súa segunda e terceira viaxes.

O rei Tamatoa VI foi o último monarca, reinando desde 1884 a 1888.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Institut Statistique de Polynésie Française (ISPF). "Recensement de la population 2007" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2007. Consultado o 2007-12-02. 
  2. Burney, James A chronological history of the discoveries in the South Sea or Pacific Ocean London, 1803, vII, p.326.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]